Campionato de Cubo de Rubik do IES de Brión

header


Para rematar as clases, a biblioteca escolar en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do centro, organizan o 1º Campionato de Cubo de Rubik do IES de Brión, unha competición que anunciamos o pasado mes e que desexa converterse nunha ocasión única para que todas e todos as/os apaixoadas/os deste xogo poidan demostrar as súas habilidades resolvendo este mítico quebracabezas que seduce a persoas de todas as idades dende hai décadas.

As partidas van celebrarse no segundo recreo do venres 21 de xuño, no espazo recibidor do Instituto, un lugar onde esperamos acadar a túa atención e reunir o máximo público posible. Se desexas saber quen vai ser o/a xogador/ra máis rápido/da en solucionar o quebracabezas de cores, non faltes a esta cita.


imaxe_01 imaxe_02

GAÑADOR: Unai Peral Fernández