WISIBILÍZALAS. ENTREGA DE PREMIOS

O pasado sábado 1 de xuño, unha representación do alumnado implicado no proxecto LuminísTICas recolleu en Barcelona o premio outorgado pola Universidade Pompeu Fabra a este proxecto de divulgación presentado á 3ª edición de Wisibilízalas.

Entrega de premios Wisibilízalas

O acto, ao que asistiron Alba Muñiz Lesta, Victor Sloth Sixto Poulsen e Daniel Souto Pazó acompañados pola profesora Luz Ramos López, foi retrasmitido en streaming para todas aquelas persoas interesadas que non puidesen achegarse ao mesmo.

No acto de entrega do premio, a profesora Ana Freire, profesora de enxeñería e organizadora deste certame, destacou de entre as impresións do xurado a gran orixinalidade da páxina web elaborada polo noso alumnado.

Agradeceu o premio a alumna de 1º de Bacharelato Alba Muñiz nunha breve intervención na que destacou o caracter colaborativo e interdisciplinar do proxecto.