FONDO SOLIDARIO PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018/19

A Consellería de Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

Orde do 9 de maio de 2018 DOG do 21 de maio de 2018

Destinatarios:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO; cursos nos que, necesariamente se manterán os libros de texto do curso 17/18.

Axudas para material escolar: todo o alumnado de ESO.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Dende o 22 de maio ó 23 de xuño de 2018.
  • O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2019.
  • O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obtivera praza en FP Básica no curso 2018/19, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes dende a formalización da matrícula.

Lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado disponible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED311D).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Requisitos:
  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nos cursos obxecto desta convocatoria , nun centro sostido con fondos públicos de Galicia, durante o curso 2018/19.
  • Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
  • Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros (para libros de texto) e 5400 para material. Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2017/18. O prazo máximo para esta devolución será o 22 de xuño 2018 (alumnado de educación secundaria obrigatoria que teña algunha materia pendente ata o 7 de setembro de 2018).
  • O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Pero terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

Concederanse as axudas segundo a renda per cápita familiar no ano 2016:

1º. Renta per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 6 libros**.
2º. Renta per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 4 libros**

**(o número de libros poderá incrementarse se houbera existencias suficientes)


A contía da axuda para adquirir material escolar
destinado ó alumnado matriculado en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € será de 50 €. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, será beneficiario desta axuda con independencia da renda.