O IES DE BRIÓN PRESENTE EN GALICIENCIA

Os días 16, 17 e 18 de novembro os alumnos de 2º de Bacharelato Lois Meira López e Christian Capeáns Pérez presentan o proxecto "Autómatas con capacidade de aprendizaxe" en Galiciencia 2016.

 

Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, reune estes días en San Cibrao das Viñas (Ourense) un importante número de traballos de investigación e innovación desenvolvidos por estudantes de todas as idades.

Galiciencia é unha iniciativa de Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia).

Estar presentes nesta mostra supón para este proxecto, para o alumnado implicado, e para o centro educativo no seu conxunto, un novo recoñecemento logo do éxito acadado o pasado curso en DesafioSTEM. É ademáis unha oportunidade para compartir experiencias con outros centros nos que tamén se están a desenvolver metodoloxías de traballo que promoven os talentos e intereses do alumnado.

A nova en Código Cero

A nova en La Región (vídeo)

Galiciencia 2016 en Cadena Ser, no min 4:14 podemos escoitar aos alumnos do IES de Brión

Galiciencia en Telemiño (vídeo)

Galiciencia na páxina da FECYT

Save

Save

Save