ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O 25 de outubro iníciase o proceso para a renovación parcial dos representantes no Consello Escolar do noso centro. Nesta convocatoria teremos que renovar tres representantes do profesorado, dous dos pais/nais, titores ou representantes legais do alumnado, máis un representante da ANPA, catro representantes do alumnado e un representante do persoal non docente. Teremos que elixir tamén o mesmo número de suplentes.


O día 27 de OUTUBRO, ás 12:05 horas, no despacho de DIRECCIÓN, terá lugar o sorteo público dos integrantes da Xunta Electoral: un profesor/a, un pai/nai, un alumno/a e un membro do persoal non docente. Elixiranse tamén os posibles suplentes. A continuación enviaranse as citacións para a constitución da Xunta Electoral que, baixo a presidencia do Director do centro, velará e coordinará todo o proceso.

Dende o equipo directivo animámosvos a presentar as vosas candidaturas e a que participedes na votación.