ROTA LENDARIA POR BRIÓN

27/01/2010 09:15
27/01/2010 14:05

O vindeiro mércores día 27 de xaneiro, o alumnado de 1º ESO participará nunha saída didáctica organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega. A saída consistirá nunha rota por varios lugares do concello nos que se desenvolven diferentes lendas coas que veñen traballando.

Esta actividade programada en principio para o pasado día 21 de decembro tivo que ser suspendida por mor da meteoroloxía adversa, e lévase a cabo agora aproveitando este pequeno anticiclón do que disfrutamos.