Skip to Content

EDUsaúde

       Como complemento dos programas EDUsaúde e Alimentate ben, dende a Escola de nais e pais propoñemos unha videoconferencia a cargo de Saray Río, responsable de Nutre tú plato.

      

 

ADMISIÓN ALUMNADO. CURSO 2022-2023

     Está exposta no taboleiro de anuncios do centro a Listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso.

     Todo o alumnado que presentou solicitude, foi admitido.

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS

EEI SAN ROQUE, BIBLIOTECA ESCOLAR - CURSO 2021/2022

 PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS

Programa para a formación e a participación das familias en experiencias de lectura coa finalidade de que poidan intervir con mellores recursos e eficacia na formación dos seus fillos e fillas como persoas lectoras e cidadás usuaras de información.

Obradoiros guiados por persoeiros de renome no ámbito do libro e a animación a lectura nos que podedes participar seguindo os vosos interese, sempre previa inscrición na ficha que remitimos. Todos eles teñen limitación de prazas polo que están pensados para un só membro por familia, exceptuando os que a actividade inclúe nenas e nenos (que permite reservar doas prazas por familia, un adulto cunha nena ou cun neno). Realizaranse na biblioteca do centro seguindo todas as recomendacións sanitarias previstas en cada momento.

 

As prazas adxudicaranse por rigoroso orde de entrega na secretaría do centro de 9:30 a 10 da mañá ou de 14:00 a 14:20, ata o día 22 de marzo. Quedando en reserva, cando as peticións excedan o número de prazas.

 

.OBRADOIRO, mércores 23 de marzo ás 17:00 cunha duración aproximada de   75 minutos.

O COLO DAS PALABRAS” impartido polo mestre e poeta Antón Cortizas sobre a importancia de contar, das nanas e da poesía na formación inicial dos noso pequenos.

 

.OBRADOIRO, mércores 27 de abril ás 17:00 cunha duración aproximada de 60 minutos.

DÁMOISLLE VOLTA AO CONTO” impartido pola actriz e contadora de contos Raquel Queizás. Obradoiro dinámico dirixido a aquelas persoas interesadas no arte de contar historias.

 

.OBRADOIRO, mércores 4 de maio ás 17:00 cunha duración aproximada de 75 minutos.

ABRAZAR COAS PALABRAS” impartido pola escritora, actriz e contadora de contos Charo Pita nun achegamento a literatura infantil, con xogos e cancións con libros. Inclúe a participación de nenas e de nenos.

 

.OBRADOIRO, mércores 08 de xuño ás 17:00 cunha duración de 60 minutos.

FERRAMENTAS PARA CONTAR HISTORIAS “ impartido pola escritora, actriz e contadora Paula Carballeira que nos ofrecerá consellos para desfrutar do momento de compartir un conte entre diferentes xeracións, tendo en conta que a narración oral axuda a enfrontar os problemas que atoparemos no camiño diario.

 

 

MÁIS XOGUETES, LIBROS, CONTOS E MENOS PANTALLAS

              

Dende a escola queremos axudar cunhas recomendacións cara as peticións que as nenas e os nenos fan nestas datas ceas de ilusión, xa que nesta época da súas vidas o xogo é fundamental para aprender. Asemade as últimas investigacións afirman que o uso das pantallas é moi perxudicial antes dos dous anos de vida e debe restrinxirse antes do seis.

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021/2022

     Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o Calendario Escolar para o curso 2021/2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 4 de xuño).

     As clases darán comezo o 9 de setembro de 2021 e rematarán o 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

     Períodos de vacacións:

     Nadal: dende o 22 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022,                                                    ambos inclusive.

     Entroido: 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

     Semana Santa: dende o 11 ata o 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

 

     Días non lectivos:

     De elección propia: 7 de decembro de 2021 e 16 de maio de 2022.

     Día do ensino: 11 de outubro de 2021.

PREMIO VOZ NATURA

O sábado día 5 de xuño DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE recibimos co periódico a boa nova de ternos concedido o Premio ao mellor traballo medioambiental infantil de Galicia no presente curso, dentro do Programa VOZ NATURA da Voz de Galicia. Para nós é unha gran noticia, nun curso tan díficil, non só polo premio en metálico se non tamén polo traballo realizado todos estes anos en favor do coidado da natureza. Pensamos que todo  o esforzo realizado e o traballo desenvolvido é merito de toda  a  Comunidade educativa polo que queremos agradecer a todas as familias o apoio recibido e a colaboración nas propostas, sempre vai en beneficio do alumnado, para que as nosas nenas e os nosos nenos teñan un futuro mellor.

 

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ALUMNADO DE 6º DE E.I.

No documento adxunto está a información para poder solicitar as Axudas para a adquisición de Libros de Texto e para Material escolar no vindeiro curso 2021/222 do alumnado que vai cursar 1º de Educación Primaria.

ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO

     As listaxes provisionais do alumnado admitido para o vindeiro curso están publicadas no taboleiro de anuncios da entrada do centro.

     Todas as familias que solicitaron praza no noso Centro para a/o súa/seu filla/o foron admitidas e  deberán formalizar a matrícula a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

PROXECTO DA POLÍCIA NACIONAL

Desde está páxina queremos divulgar un proxecto da Polícia Nacional polo interese que pode ter para a nosa Comunidade educativa.

    #SéGenialEnInternet:

‘Sé Genial en Internet’, una iniciativa para enseñar a los niños buenos hábitos en el entorno digital

Na páxina da Polícia dise textualmente:

El proyecto ofrece un conjunto de recursos a familias y educadores para enseñar a los más pequeños a hacer un uso responsable de Internet

La iniciativa aborda cinco principios que se desprenden de todas las actividades y recomendaciones derivadas del programa dirigidas a niños, padres y profesores::

 

- Comparte con cuidado: Sé inteligente en Internet

- No caigas en trampas: Mantente alerta en Internet

- Protege tus secretos: Mantente seguro en Internet

- Ser amable es genial: Sé amable en Internet

- Si tienes dudas, pregunta: Sé valiente en Internet

BUSCANDO O NORTE

Dentro dos Plans Proxecta do curso pasado participamos no programa "Nós tamén creamos", un programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación.

A actividade consistiu na realización dunha curtametraxe de animación a partir dun conto de OQO elexido polas nenas e nenos titulado" Buscando o norte".

Nós quixemos adaptar o conto e ubicalo na nosa localidade polo que a acción da curta discurre en Viveiro.

 No traballo realizado participaron tamén dúas das mestras que xa non están con nós, Paula e Olalla, as que agradecemos o seu esforzo, así como a Iván Vale autor da canción composta para esta curta. 

Polas circunstancias vividas este programa alongouse no tempo e non foi ata o de agora, que se fallaron os premios, que puidemos publicar a curta realizada.

Esperamos que disfrutedes moito deste fermoso conto

 

BUSCANDO O NORTE

 

Distribuir contido


by Dr. Radut