Skip to Content

UN BAÚL DE RECORDOS

Ola nenas, nenos e familias!!!!

As mestras e o mestre do cole San Roque, seguimos a maquinar a maneira de estar unidos nesta distancia que nos tocou vivir. 

Por iso, primeiro, queremos mandarvos unha mensaxe moi importante.

E en segundo lugar, proproñémosvos que poñades o voso maxín a traballar e participedes neste reto que pensamos para vós con moito agarimo e con gañas de que pasedes un ratiño entretidos.

Podedes deixar os vosos comentarios abaixo ou mandalos por correo electrónico a: familiassanroque@gmail.com ou no teléfono 646148944

Moito ánimo e milleiros de achuchóns 

O Claustro

 

Comentarios

8 acertos

A familia Morales Fraguela (Martina de 5º B), mandáronnos as súas respostas ao reto do baúl dos recordos que elaboraron en familia. E a verdade é que atinaron bastante, conseguiron 8 acertos: Uxía, Pablo, Rocío, Paula, Olalla, Jacinta, Genma e Candy. 

 

5 acertos

Celia de 6º B e a súa mamá, xa nos mandaron a súa proposta para o reto de Baúl dos recordos. 

Tiveron 5 acertos: Pablo, Candy, Genma, Carmen e Olalla

 

Pensa, pensa

Adri, sentímolo, segue pensando, seguro que se te fixan ben recoñeces a algunha profe. Unha aperta

Oito acertos

Moi ben Mariña, 8 acertos: Rocío (por suposto), Candy, Pablo, Carmen, Genma, Uxía, Jacinta e Olalla

Seis acertos

Xa temos a primeira resposta ao noso reto; e a verdade é que o noso amigo Raúl de 5º A non o fixo nada mal.

Tivo 6 acertos, foi quen de recoñecer a Pablo, a Olalla, Merce, Genma, a súa profe Candi e a Rocío

Moi ben Raúl

Case, case conseguido (8 acertos)

A familia Eiroa Gómez (Antía 5º A), case, case consegue acertar quen se escondía detrás de cada unha das fotos, faltoulles un pouquiño de nada.

Descubriron a Candy, Mª Dolores, Genma, Pablo, Mercedes, Carmen, Uxía e Olalla. 

 

 

5 acertos

Chegounos outra resposta para o reto, neste caso da familia Ramallo-Ruíz (Bruno 5º B).

Neste caso tiveron Bruno acertou 3, a Pablo, Olalla e Rocío.

A súa familia aventurouse a dicir máis posibilidades e acertaron 2 máis: Uxía e Paula

Moi ben por vós

Máis respostas

E seguen chegando propostas para o reto; neste caso a familia de Lucas (5º B), quixo facer a súa porra particular na casa para ver quen acertaba máis, aquí vos deixo os resultados:

Lucas: acertou a Olalla e a Rocío

Vicky e Xabi coinciden en acertos: conseguiron coñecer a Uxía, Olalla, Jacinta, Genma e Rocío

Xenial!!!



story | by Dr. Radut