Skip to Content

Actividades para traballar a motricidade fina

Ola!!!!!

Que tal levades outra semana máis desta situación excepcional que estamos a vivir??? Ante a mesma, sei que moitos de vos, estádesvos quedando sen ideas para as vosas actividades cos nenos e nenas, por iso para facer máis levadíos estes momentos, desde aquí gustaríame propoñervos algunhas actividades para traballar a motricidade fina, que lles axudará, a crear unha destreza imprescindible para realizar moitas das actividades cotiás e, tamén, para iniciarse, máis tarde, na escritura.

Estas son as miñas propostas, enviade fotos aportando as vosas ideas ou realizando estas mesmas:

- Ensartar materiais (macarróns, boliñas...) en paus, cordeis... 

- Seguir trazos en diferentes soportes utilizando diversos materiais (chapas, gomets, boliñas...)

- Xogar (amasar) con plasti, masa de modelar, area máxica, pasta de sal, fariña...

- Facer boliñas con diferentes tipos de papeis (charol, seda, pinocho...) e despois podedes utilizalos para facer un collage

- Facer transvasamento de boliñas, canicas..., dun envase a outro, coa axuda dunha pinza

- Facer camiños con gomas ou insertalas en soportes

- Espremer froitas (limóns, laranxas...); raiar alimentos (cenorias, queixo...); ou pelar alimentos (cebolas, mandarinas...)

Espero que estas propostas vos axuden a facer voar a vosa imaxinación con moitas actividades máis para traballar estes aspectos. 

Un saúdo e moito ánimo!!!

 



story | by Dr. Radut