Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available
Imaxe de teresa

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

Todas as solicitudes presentadas no proceso de admisión do CRA Ponte da Pedra foron admitidas. Está publicada a lista definitiva de admitidas e admitidos no interior da sede do CRA.

O prazo de formalizacIón da matrícula abrangue do 1 ata o 10 de xullo. Deberá entregarse na sede do CRA, o formulario de matrícula (Anexo III) xunto coa documentación que se detalla a continuación:

- ANEXO III (documento formalización matrícula).

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia de cartilla de vacinacións.

- Fotografía tamaño carnet.

- Impreso das autorizacións.

- Enquisa Galego Equipo de Dinamización Lingua Galega.

O horario de atención ao público é de 10 a 13h de luns a venres.

Imaxe de teresa

FIN DE CURSO

Chegamos ao final de curso, o remate da actividade lectiva máis anómala e estraña dos últimos anos.

Para despedirnos fixemos un vídeo co que foi a vida nas aulas presencialmente e aquelas actividades que fixemos por vía telemática.

Desde o claustro docente queremos agradecervos ás familias a vosa implicación, colaboración e esforzo na realización das tarefas escolares propostas polas mestras e mestres.

Feliz verán!!

Imaxe de teresa

REVISTA EDUGA

Na revista EDUGA publicouse un artigo educativo sobre o noso centro. Baixo o título de "Formación e emoción transforman a educación rural" describimos o proceso de cambio de paradigma educativo que experimentamos no C.R.A. Ponte da Pedra e o compromiso dunha comunidade educativa que respalda esta iniciativa. Podedes ler o artigo no enlace vinculado ao título.

Imaxe de teresa

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020 - 2021

LISTAXE DE ADMITIDOS

Xa está publicada a lista provisional de admitidos na sede do C.R.A. Ponte da Pedra.

Poderedes consultar esta información chamando ao teléfono

981 703 403 ou acudindo á sede.

Tamén se pode consultar a listaxe a través da aplicación admisiónalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

Distribuir contido


by Dr. Radut