Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available
Imaxe de teresa

RECOLLIDA DE LIBROS E MATERIAIS

Segundo a Resolución,do  22-05-2020, da CEUFP pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centro de ensino non universitario dependentes da Consellería, determina no seu artigo 4.1: Os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as.

Polo tanto:

- As titoras organizarán os días e as quendas de recollida do material e libros de texto en cada escola.

- Só poderá acudir unha persoa por familia.

- Non poderán vir acompañados das nenas e nenos.

- Será obrigatorio o uso de máscara de protección, se non se pode manter a distancia mínima de 2 m., e a desinfección das mans con xel hidroalcólico, se se vai acceder ao interior da escola.

 

 

Imaxe de teresa

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO, AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Publicada a Orde do 12 de maio de 2020(DOG do 19) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

As familias que desexen solicitar ditas axudas poden cubrir o procedemento ED330B ou o impresos de solicitude (ANEXO I e ANEXO II), e informarse na circular relativa ao fondo solidario de libros de texto (3º EP no 2020-2021) e na circular relativa as axudas para libros de texto (1º e 2º EP no 2020-2021)

Prazo de presentación: A presentación de instancias será do 20 de maio ata o 19 de xuño do 2020.

Horario da secretaría: 10 a 13 de luns a venres.

Imaxe de AnaFernandez

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2020

Chegou o día do Festival das Letras Galegas!!!

Pinchade na caricatura de Ricardo Carballo Calero e gozade do festival na casa.

Pasádeo moi ben cantando, bailando, rindo, xogando...!!!

Imaxe de teresa

DÍA DAS FAMILIAS 2020

Hoxe é unha xornada de celebración: é o día das familias.

Dentro delas, un piar fundamental son as avoas e os avós. É a elas e a eles a quen lles temos que agradecer o apoio, os coidados e o amor incondicional que nos proporcionan.

No seu nome publicamos este vídeo, feito co cariño de toda a comunidade educativa do C.R.A. Ponte da Pedra.

Agardamos que vos guste!!

 

 

Imaxe de AnaFernandez

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Atención atención!!!! Maña celebramos o Festival das Letras Galegas desde as nosas casiñas!!

Primeiro teremos un marabilloso concerto para non deixar de bailar e cantar.

A continuación un sinxelo obradoiro de construción de xoguetes.

E para rematar uns xogos populares e tradicionais con eses xoguetes. 

Non volo podedes perder!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut