Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Educación Infantil

Imaxe de Jesus

Mesas de trasvase

Este curso, como parte do proxecto de contratos-programa, incorporamos dentro do material pedagóxico das escolas pertencentes ao CRA, dúas mesas de trasvase para cada escola coas que esperamos o noso alumnado disfrute aprendendo dunha forma activa a través do xogo

Imaxe de Jesus

Reunión informativa para as familias do novo alumnado

O vindeiro día 28 de xuño de 12:00 h. a 13:00 h. celebrarase unha reunión informativa para as familias do novo alumnado no auditorio da Biblioteca Rego da Balsa.

Imaxe de Jesus

Xornada de portas abertas.

Tódolos alumnos e alumnas que solicitaron admisión no CRA Ponte da Pedra para o vindeiro curso 2018-2019, poderán asistir á unha xornada de portas abertas, o venres 15 de xuño de 11 h. a 12 h.,  na que poderán coñecer ao que será á súa escola e os seus amigos e amigas o vindeiro curso.

 

Imaxe de Jesus

Mesas de Luz

No día de hoxe temos que agradecer ao profesorado e ao alumnado do IES Monte Neme o seu traballo e dedicación, na fabricación de diversas mesas de luz para o CRA Ponte da Pedra.

Con esta achega cada unha das sete escolas do CRA Ponte da Pedra contará coa súa propia mesa de luz, coas que os nenos e nenas disfrutarán e aprenderán xogando.

Moitísimas grazas.

Imaxe de Jesus

Fabricación de tres mesas de luz para o CRA Ponte da Pedra

O noso mais sincero agradecemento ao profesor Enrique Agrasar Martínez e os seus alumnos e alumnas de FP Básica 1 e FP Básica 2 do IES Leliadoura de Ribeira que nos agasallaron co seu traballo e bo facer convertindo tres mesas Lack (IKEA) , un metracrilato blanco e uns leds que funcionan gracias a un transformador de corriente alterna en corriente continua, co que construiron tres mesas de luz, cunha gran luminosidade e moi seguras  debido ao uso de corriente continua e leds.

Sen dúbida un traballo excelente, que servirá de ferramenta de aprendizaxe, moi motivadora, para o noso alumnado durante moitos anos.

Distribuir contido


by Dr. Radut