Skip to Content

Publicación das listaxes provisionais para a axuda de material no curso 2024/2025

Informamos de que están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de material escolar para alumando da ESO durante o vindeiro curso 2024/25.

Dita publicación pódese consultar no propio centro, durante un período de 2 días hábiles seguintes a data de hoxe. As reclamación serán recollidas dentro deste mesmo prazo.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024 - 2025

Nos seguintes documentos anexos podes consultar por niveis a listaxe dos libros para o curso 2024/2025.

 * EN TELÉFONO MÓBIL : EN CASO DE QUE NON CONSEGUIR ABRIR O ARQUIVO, MANTER PULSADO ENCIMA DO ENLACE E ESCOLLER ABRIR EN NOVA PESTANA

 

Libros 1 ESO

Libros 2 ESO 

Libros 3 ESO 

Libros 4 ESO 

Libros 1 BAC

Libros 2 BAC

Libros CICLOS

MEGABAU 2024

O pasado venres, celebrouse na Coruña unha nova edición dos Premios MEGABAU. Neste evento, homenaxeouse ao estudantado con mellores expedientes na ABAU e os seus respectivos centros educativos.

Ao mesmo, acudiu a alumna Andrea Figueira Quintáns polo seu desempeño no Bacharelato e na proba para o acceso á universidade, acompañada do xefe de estudos Xavier Cuns.

Moitos parabéns, Andrea, por ese excelente expediente e sorte no teu futuro universitario e laboral!

Fin de curso 2023/2024

Última xornada chea de actividades no noso centro!

  • Inauguramos o novo recuncho lector, elaborado polo alumnado de Proxecto Competencial de 1º e 3º ESO.
  • O alumnado de 1º e 2º da ESO competiu nunha nova edición do concurso "Cifras e Letras", organizado polo Club de Ciencia e Dinamización Lingüística.
  • Agradecemos a presenza de David Puñal, co cal puidemos coñecer máis o son dos nosos instrumentos tradicionais.

Desexarvos a todas e todos un bo verán! Para o ano, máis e mellor!

 

Recuncho lector

Ultimando detalles para a inauguración, o vindeiro venres no 1º recreo, do recuncho lector elaborado polo alumnado de Proxecto Competencial de 1º e 3º ESO (en coordinación co Departamento de Artes Plásticas). Así de ben quedou!

Rafting no río Ulla

O alumnado de 1° BAC asistiu á unha actividade de rafting no río Ulla, en Padrón. Pasárono moi ben, como podedes comprobar nas nosas redes!

Distribuir contido


by Dr. Radut