Skip to Content

Oferta formativa - Administración e Xestión

Familia administración e xestión

Grao: Medio
Réxime: OrdinarioVoltar
Horas: 2000
Código: MADG01
Documentación: RD DOG DOC

Que se aprende a facer?  Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e pri-adas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

Onde se realiza o traballo?  En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

En que postos de traballo? Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos profesionais Horas
Formación e orientación laboral (1º)
107
Inglés (1º)
160
Operacións administrativas de compravenda (1º)
133
Operacións auxiliares de xestión de tesouraría (1º)
160
Técnica contable (1º)
133
Tratamento informático da información (1º)
267
Comunicación empresarial e atención á clientela (2º)
123
Empresa e administración (2º) 123
Empresa na aula (2º) 156
Formación en centros de traballo (2º) 410
Operacións administrativas de recursos humanos (2º) 123
Tratamento da documentación contable (2º) 105

Que título se obtén?  Técnico en xestión administrativa

Grao: Superior
Réxime: OrdinarioVoltar
Horas: 2000
Código: SADG01
Documentación: RD DOG DOC

Que se aprende a facer?  Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais,laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando anormativa e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental. 

En que ámbitos se traballa?  En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade,nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención áclientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas exestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou através do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira oulaboral, estudos de proxectos, etc. 

Que ocupacións se desempeñan?  Administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro,administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administraciónpública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías,técnico/a en xestión de cobramentos, responsable de atención á clientela.

 Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos profesionais
Horas
Comunicación e atención á clientela (1º)
160
Formación e orientación laboral (1º)
107
Inglés (1º)
160
Ofimática e proceso da información (1º)
240
Proceso integral da actividade comercial (1º)
133
Recursos humanos e responsabilidade social corporativa (1º)
80
Xestión da documentación xurídica e empresarial (1º)
80
Contabilidade fiscalidade (2º)
157
Formación en centros de traballo (2º) 384
Proxecto de administración e finanzas (2º) 26
Simulación empresarial (2º) 140
Xestión de recursos humanos (2º) 105
Xestión financeira (2º) 123
Xestión loxística e comercial (2º) 105

Que título se obtén? Técnico superior en administración e finanzas



panel | by Dr. Radut