Skip to Content

Oferta formativa - Fabricación Mecánica

Familia Fabricación mecánica

Grao: Básico
Réxime: Ordinario
Voltar
Horas: 2000
Código: BFME01
Documentación: RD DOG DOC
 

Que se aprende a facer?  Realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais férricos, non férricos e tecnoplásticos, así como para a instalación e o mantemento de elementos de redes de fontanaría, calefacción e climatización, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?  Actividade por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.

Que ocupacións desempeñan?  Peón de industrias manufactureiras; auxiliar de procesos automatizados; fontaneiro/a; montador/ora de equipamentos de calefacción; mantedor/ora de equipamentos de calefacción; montador/ora de equipamentos de climatización; mantedor/ora de equipamentos de climatización; instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga.

 Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Carpintaría de aluminio e PVC (1º)
175
Ciencias aplicadas I (1º) 175
Comunicación e sociedade I (1º) 206
Operacións básicas de fabricación (1º) 179
Soldadura e carpintaría metálica (1º) 175
Ciencias aplicadas II (2º)
162
Comunicación e sociedade II (2º) 135
Fontanaría e calefacción básica (2º) 157
Formación en centros de traballo (2º) 320
Montaxe de equipamentos de climatización (2º) 97
Redes de evacuación (2º) 157

Que título se obtén?  Título profesional básico en Fabricación e montaxe. 

Grao: MedioVoltar
Réxime: Ordinario
Horas: 2000
Código: MFME01
Documentación: RD DOG DOC
 

Que se aprende a facer?  Executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental. 

Onde se realiza o traballo? En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial. 

En que postos de traballo? Axustador/a operario/a de máquinas ferramenta, pulidor/a de metais e afiador/a de ferramentas, operador/a de máquinas para traballar metais, operador/a de máquinas ferramenta, operador/a de robots industriais, traballadores e traballadoras da fabricación de ferramentas, mecánicos/as e axustadores/as, modelistas matriceiros/as e asimilados. Torneiro/a, fresador/a e mandrinador/a. 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Fabricación por arranque de labra (1º)
400
Formación e orientación laboral (1º)
107
Interpretación gráfica (1º)
133
Procesos de mecanizado (1º)
160
Sistemas automatizados (1º)
160
Empresa e iniciativa emprendedora (2º)
53
Fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado, e por procesos especiais (2º)
140
Mecanizado por control numérico (2º)
314
Metroloxía e ensaios (2º)
123
Formación en centros de traballo (2º)
410

Que título se obtén? Técnico en mecanizado. 

Observacións:



panel | by Dr. Radut