Skip to Content

Familia instalación e mantemento

Famillia instalación e mantemento

Grao: Superior
Rexime: Dual
Horas: 2000
Código: ZSIMA03
Documentación: RD DOG DOC
 
Que se aprende a facer? Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa? En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

Que ocupacións se desempeñan? Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.

Cales son os módulos?

Modulo profesional Horas Curso
Formación e orientación laboral (1º) 107 2022/23
Procesos de fabricación (1º) 213 2022/23
Representación gráfica de sistemas mecatrónicos (1º) 133 2022/23
Sistemas eléctricos e electrónicos (1º) 213 2022/23
Sistemas mecánicos (1º) 187 2022/23
Elementos de máquinas (2º) 107 2023/24
Configuración de sistemas mecatrónicos (2º) 140 2023/24
Empresa e iniciativa emprendedora (2º) 53 2023/24
Integración de sistemas (2º) 157 2023/24
Procesos e xestión de mantemento e calidade (2º) 105 2023/24
Simulación de sistemas mecatrónicos (2º) 70 2023/24
Sistemas hidráulicos e pneumáticos (2º) 105 2023/24
Proxecto de mecatrónica industrial (2º) 26 2023/24
Formación en centros de traballo (2º) 384 2023/24

Que título ou acreditación se obtén? Título de Técnico superior en Mecatrónica industrial

Que é a FP dual? É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa. Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

 
Cales son os requisitos para acceder á FP dual? Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que se requiren para acceder aos ciclos de grao medio e de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe “Coñece a FP”, e ademais:
  • Ter dezaoito anos ou máis no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
 
Cantas horas de formación se realizan na empresa? Das 2.000 horas establecidas no currículo, un mínimo do 33 % deberase impartir coa participación da empresa.
 
Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa? O alumnado pode ter a condición de bolseiro ou ser contratado pola empresa mediante un contrato de formación e aprendizaxe. En calquera caso, o alumnado debe ser incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.
 
Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración? O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.
 
Que vantaxes teño ao estudar un ciclo formativo na modalidade dual?
  • Recibirás unha remuneración desde o inicio do teu período de permanencia na empresa. Esta remuneración pode ir aumentando cada ano á medida que aumenta a túa competencia profesional.
  • Terás maior facilidade para a túa inserción no mercado laboral mediante a adquisición dunha titulación de formación profesional de xeito simultáneo á túa integración nos procesos produtivos da empresa.


panel | by Dr. Radut