Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available
Imaxe de teresa

COLABORACIÓN NADAL

Durante este mes estamos levando a cabo unha serie de retos diarios ata o final de trimestre, que unha vez conseguidos canxéanse por 1 kg de alimentos non perecedeiros.

Todos estes alimentos serán repartidos entre Cáritas-Carballo e a Cruz Vermella.

 

 

Se algunha familia quere sumarse a esta iniciativa por medio dunha doazón particular, pode facelo ao longo desta semana nas escolas. O produto deberá vir nunha bolsa pechada e transportada polas nenas e nenos.

Gracias pola vosa colaboración.

Imaxe de teresa

ACTIVIDADES DE NADAL

No remate deste trimestre temos en marcha varias actividades nas que tamén pode participar a comunidade educativa.

Esta é unha delas...

 

Imaxe de teresa

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS.

Na sede do C.R.A. está publicada a listaxe definitiva cos admitidos e excluídos na distribución das máscaras. Nos vindeiros días poñerémonos en contacto con vós para a distribución do material.

Imaxe de teresa

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS.

Na sede do CRA está publicada a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído da distribución das máscaras.

A Orde do 6 de novembro de 2020 establece no artigo 13.1 e 13.2 que en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

Se queredes consultar esta listaxe podédelo facer chamando á sede do C.R.A. en horario de 12:30 a 14:00.

Imaxe de teresa

DÍA INTERNACIÓN PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Ao longo deste mes estivemos traballando nas aulas do CRA o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Fixémolo a través do papel da muller nas artes reflexionando sobre a súa falta de protagonismo nas galerías dos museos.

Cada nena e neno localizou unha muller artista na súa familia, presentaron a súa obra na aula ao resto de compañeiras e compañeiros.

Deste traballo xurdiu esta obra colaborativa que está exposta no Pazo da Cultura de Carballo.

O noso agradecemento ás familias pola vosa colaboración na realización desta actividade; así como, ao Concello de Carballo por permitirnos expoñer a obra no Pazo da Cultura.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut