Skip to Content
Imaxe de Jesus

Día do deporte 2019.

Imaxe de Jesus

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2019-2020

O  alumnado admitido no CRA Ponte da Pedra, debe formalizar a matrícula do 20-30 de xuño, na Sede do CRA Ponte da Pedra.

Deberase entegar a seguinte documentación:

- Copia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia de cartilla de vacinacións.

- Fotografía tamaño carnet.

- Documento da Formalización.

- Impreso das autorizacións.

- Enquisa Galego Equipo de Dinamización Lingua Galega.

* Os días 24 e 25 de xuño son festivos locais.

Imaxe de Jesus

Naturmaz 2019.

O luns 10 de xuño, como excursión final de curso, tadas as alumnas e alumnos do CRA visitamos Naturmaz, onde disfrutamos dunha magnífica xornada de divertidos xogos e actividades deportivas, ademáis de visitar a súa granxa escola e aprender moito de avións.

 

Imaxe de Jesus

Pequefeira 2019

O venres 31 de maio, os alumnos e alumnas do CRA Ponte da Pedra, como remate final ao traballo de todo un ano no proxecto de Horto Ecolóxico, participamos na Pequefeira organizada polo Concello de Carballo

Foi unha gran experiencia para os nenos e nenas, no que tiveron que por en práctica todas os seu bo facer, encargándose de vender, cobrar o trato cos clientes e desbordando simpatía e ao mesmo tempo.

Por último, compartir o éxito desta actividade coas familias do CRA, ás cales desexamos amosarlles o noso fondo agradecemento pola súa colaboración,

Moitas grazas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut