Skip to Content

Vídeo "CPI de Sansa na casa".

Se unha imaxe vale máis ca mil palabras, canto valerá un vídeo?

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes ao vídeo elabourado para transmitir ánimos nestes duros tempos que nos está a tocar vivir.

SOLICITUDE ORDENADOR CON CONEXIÓN A INTERNET

INFORMACIÓN 2ª AVALIACIÓN

ORDE URXENTE COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias

A Consellería acaba de publicar unha Orde sobre axudas para  comedores de gran importancia para a maioría, o prazo para a súa tramitación  remata o 6 de abril.

Orde 27 de marzo de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar.

As familias que teñades problemas para facer as xestións poñédevos en contacto coa dirección.

Un saúdo

A oca de Educación Física na casa.

No ficheiro adxunto atoparedes un peculiar xogo da oca, consistente en realizar unha acción determinada en función da casiña na que caias.

Esta pode ser outra maneira de facer algo de actividade física durante estes días!

CONTINUIDADE DO PROCESO FORMATIVO ALUMNADO

COMUNICACIÓN CO CENTRO DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Seguindo as medidas do Real Decreto 463/2020,14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma; este centro suspende a actividade presencial docente.

Co obxecto da facilitar a atención coas máximas garantias de seguridade, a dirección do centro atópase a disposición  das familias nas seguintes canles:

Teléfono - 695556016

Correo: cpi.sansadurnino@edu.xunta.gal

Os trámites administrativos (admisión alumnado) quedan suspendidos por orde do goberno. Os prazos dos mesmos reanudaranse cando as autoridades así o determinen.

 

SUSPENSIÓN ACTIVIDADE LECTIVA

Estimadas familias:

A Xunta de Galicia decretou a suspensión das actividades lectivas nos centros educativos durante 14 días a contar dende o luns 16 de marzo.

Tamén recomendan que o alumnado non asista á clase mañá venres, aínda que os centros funcionarán con normalidade.

Poden consultar as medidas concretas adoptadas pola Consellería, e que foron publicadas ás 20 horas no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 Medidas concretas que nos afectan

Información da Consellería sobre o coronavirus

Nesta ligazón está a información da Consellería de Educación:

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus

Programa europeo Robot Dance: viaxes con alumnado.

En datas recentes, alumnado de 4º da ESO viaxou a Cardiff (Gales) e Kuopio (Finlandia) no marco da participación do noso centro no programa europeo “Robot Dance”.

 

A Cardiff viaxaron Iago, Jose Luis, Pablo, acompañados das profesoras Mar Somoza e Teresa. Aló visitaron centros educativos (o Bishop High School e a Universidade de Cardiff) e Techniquest (un museo da tecnoloxía), e participaron en obradoiros de robótica.

 

A Kuopio acudiron Bruno, Catalina e Jorge, acompañados polas profesoras Teresa e Verónica. Ademais de ver algo de neve, visitaron varios centros educativos e a Universidade de Kuopio. Nestas visitas desenvolvéronse diversas actividades relacionadas coa robótica.

 

Pero non todo foi robótica. Tamén houbo tempo para a realización doutro tipo de visitas e de actividades complementarias. No blog “Tecnosansa” poderedes atopar unha presentación que resume as actividades desenvolvidas en Cardiff, así como as páxinas web que elaborou o alumnado participante relatando a súa experiencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut