Skip to Content

Novas

Escola de Familias

A educadora familiar do concello propocionou ao Departamento de Orientación información relativa á programación da Escola de Familias para este curso escolar, un  programa que nos parece interesante e do que vos deixamos o seguinte enlace para que poidades acceder a todo o programa e proceso de inscrición.

https://sansadurnino.gal/o-concello-reedita-o-programa-escola-de-familias-que-xa-ten-abertas-as-preinscricions/

 

 

PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24.

O obxectivo principal é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 ou C1. As probas están destinadas a alumnado de bacharelato e 4º de ESO. O alumnado candidato deberá presentar por escrito un compromiso individual de aceptación para presentarse ás probas, asinado pola familia.

O prazo para presentar o compromiso individual na secretaría do centro (non se admitirán compromisos por correo electrónico) remata o 3 de novembro.

Para ir ao texto da resolución ou ao compromiso clica nos seguintes enlaces:

RESOLUCIÓN 29 DE SETEMBRO 2023

COMPROMISO

NORMAS DE ORGANIZACIÓN DIARIA

A continuación, no seguinte arquivo que podedes ler e descargar, deixámosvos unha seria de normas diarias que permitirán unha mellor xestión organizativa do centro e de toda a comunidade educativa.

Actividades "Multiobradoiro" no tempo de lecer do comedor.

O alumnado de Infantil e Primaria durante este curso escolar 22-23 puideron desfrutar e realizar diferentes actividades/obradoiros no seu tempo de lecer do comedor. Algunhas delas, relativas á preparación de platos fríos, podedes velas clicando no seguinte enlace.

https://drive.google.com/drive/folders/1Z0ns2vG1p29d-Xpaw14be8leqVPuktFR?usp=drive_link 

Distribuir contido


by Dr. Radut