Skip to Content

Obra de arte colectiva no 50 cabodano de Picasso

O alumnado de 1º da ESO realizou, para rematar o curso, unha obra de arte colectiva para lembrar a Picasso no 50 aniversario da súa morte.

A obra escollida foi Ciencia e caridade que pintou o artista aos 15 anos de idade. Para facela dividimos o cadro en 42 anacos que foron repartidos entre o alumnado que se encargou de reproducilo mesturando cores e aplicando luces e sombras.

A obra orixnal é a seguinte.

E o resultado unha vez montados os 42 anacos...

ACTIVIDADES PARA A COMPOSTAXE NO CURSO 2022-2023

Neste curso que remata ampliamos o noso programa de compostaxe.

Podedes ver nas ligazóns un resumo do traballo feito durante o curso   polo alumnado de EI, EP e ESO, polo profesorado dentro das tarefas do CPinnova e do PFPP (cun curso e un grupo de traballo sobre o tema) e polo persoal de cociña de de conserxería.

Agradecemos á dirección do centro a colaboración para o desenvolvemento das actividades e tamén ás seguintes entidades e persoas colaboradoras:

  • Ás persoas relatoras nas actividades de formación: Emilio R. Fabal, Jorge Alonso, María Durán.
  • Concello de San Sadurniño
  • Dzine
  • Atrium
  • Café del Palacio
  • Misión biolóxica de Galicia-CSIC
  • E ás familias que colaboraron con achegas de sementes para o horta

Nas seguintes ligazóns podedes ver ous vídeos sobre o programa:

Curso de estruturas para compostaxe

Compostaxe e sostibilidade CPInnova

 

4º ESO VISITA AS MARUXAS DE NATA... en galego!

Mércores 14 de xuño de 2023, granxa das Maruxas de nata en Santa Mariña do Monte. A fariña, a nata e o azucre mestúranse na amasadora ante os atentos ollos do noso alumnado, ataviado co atuendo preciso para seguir a normativa sanitaria. Desexoso de probar o saboroso produto a rapazada aplicouse ao coller a masa e ir dando forma ás maruxas, seguindo as indicacións das amables traballadoras que fomentaron a creatividade propoñendo novas formas e figuras coas galletas. O profesorado acompañante non dubidou en unirse á faena.  


Despois dunha pequena espera amenizada polas explicacións das guías da visita e polas curiosas preguntas dos da ESO... houbo que sacar as bandexas do forno e agardar ao secado e a que baixase a temperatura.  


Xa quedaba só encher as bolsas e saquiños de galletas... pero ninguén dos presentes puido aguantar sen probar o manxar das maruxas, nin de  recuncar... e recuncar...

Tamén houbo tempo para a conversa e o decidido e veterano alumnado do noso centro aceptou o reto lanzado polo equipo de dinamización (EDLG) conseguindo facer protagonista á nosa lingua e contaxiando ás guías da visita. Novos premios albíscanse de cara á fin de curso para estes afoutos gardiáns e gardiás da nosa lingua.

O noso agradecemento a todo o equipo das Maruxas de nata pola súa atención e xenerosidade, e tamén ao Concello de San Sadurniño por obsequiar a 4º ESO con esta visita como premio ao seu bo facer durante a participación en "San Sadurniño en flor".

Solicitude de novas paradas de transporte escolar

As novas paradas deberán ser solicitadas polas persoas interesadas nos centros escolares, a través do Anexo I. O prazo de solicitude remata o día 7 de xullo de 2023.

Matrícula curso 2023-2024

 

MATRÍCULA CURSO 2023-24

 

Para axilizar os trámites de matriculación do alumnado respectaranse, preferentemente, as seguintes datas:

 

CURSO

DATA

Educación Infantil (só novo alumnado)

Educación Primaria (só novo alumnado)

 

22 de xuño

1º ESO

23 e 26 de xuño

2º ESO

27 e 28 de xuño

3º ESO

29 e 30 de xuño

4º ESO

4 e 5 de xullo

HORARIO DE SECRETARÍA: DE 9:30 A 15:00

 

No caso das familias que teñan fillos en máis dun curso, poderán facela en calquera das datas que se indican. En Infantil e Primaria sempre debe ser antes do 30 de xuño.

 

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

 

EDUCACIÓN INFANTIL

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado
  • Catro fotografías tamaño carné co nome escrito na parte de atrás
  • Os solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración que será publicado na web do centro

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado
  • Os solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración que será publicado na web do centro

 

EDUCACIÓN SECUNDARIA

 

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto
  • Unha fotografía tamaño carné co nome escrito na parte de atrás
  • Fotocopia do DNI actualidada (3º e 4º de ESO)
  • Xustificante de ter pagado o seguro escolar de 1,12€ na conta de ABANCA

ES43 2080 0208 0431 0000 0061 (3º e 4º de ESO)

  • Os solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración que será publicado na web do centro

 

CONCERTO DE ZËNZAR NO CPI SAN SADURNIÑO

Música e Lingua.. e rock en galego!

O venres 16 de xuño o grupo Zënzar deu un concerto didáctico no centro para o alumnado da ESO.


Nunha homenaxe a parte de historia recente da música galega a rapazada puido escoitar pezas dos Resentidos, Herdeiros da Crus, Os resentidos, Andrés L. do Barro ou bandas actuais... e escoitar historias do rock bravú, do xabarín club, da movida viguesa... á vez que asisitir en directo á creación dunha ilustración para representar a nosa música.


Palabras, música, imaxe e baile uníronse nunha viaxe polo pasado cercano da cultura propia na que se puxo en valor o papel das mulleres na música e cultura galegas.

           

        

Agradecemos esta iniciativa da ANPA do CPI San Sadurniño en colaboración co Concello que afondou nun dos obxectivos do EDLG do centro para conectar ao alumnado coa música do país e incidindo na importancia da Lingua galega como elemento dinamizador da nosa cultura.

Neste enlace podedes ver un vídeo do concerto.

SEMENTEIRA

Dentro das actividades do Cpinnova de compostaxe no centro (Edu sostibilidade) e das propostas do grupo de traballo tamén de compostaxe dentro do PFPP realizamos hai uns meses a nosa Sementeira con sementes cedidas pola misión biolóxica de Galicia do CSIC. Grazas a Pedro Peón puidemos sementar chícharos (deza), maínzo (carballeira), fabas (faba galaica).. de variedades galegas.

Alumnado de E. Infantil e de E. Primaria colaborou cos da ESO.

    

         

Despois de levar á horta da escola as plantas dende os sementeiros vixiamos o seu crecemento!

Grazas á colaboración do Equipo de dinamización da Lingua Galega identificamos os nomes galegos das sementes e plantas.

BAILANDO E RECITANDO ARREDOR DO MAIO E DAS LETRAS

As materias de Educación Física, Oratoria e Lingua Galega sumaron esforzos para unha xornada na que o noso baile e a nosa lingua camiñaron da man.

A ritmo de muiñeira profesorado e alumnado da ESO danzaron e recitaron coplas de creación propia, de autores galegos/as e ata lembraron a Fernández del Riego.

Agradecemento especial a “Airiños da freba” por compartir a súa música.

  

O EDLG xunto co Equipo da biblioteca do CPI capitanearon a iniciativa tras incentivar a preparación do baile en EF e o traballo en Oratoria e Lingua galega de preparación dos textos para ler e coplas a recitar.

Tamén contamos coa actuación do grupo de música tradicional formado  

por alumnado do centro: “Ferreñas club”.

Neste vídeo podedes ver como foi o baile

 

REFORZOS PARA O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA

Xa temos reforzos para o EDLG!

Grazas á colaboración da Sociedade antropolóxica galega (SAGA) a  

través de Rafael Quintía conseguimos as imaxes destes heroes e  

heroínas galegas que nos axudarán a reforzar o uso da lingua no centro.

Coas frases creadas polo noso alumnado animarán a falar .. en galego!

Actividades "Multiobradoiro" no tempo de lecer do comedor.

O alumnado de Infantil e Primaria durante este curso escolar 22-23 puideron desfrutar e realizar diferentes actividades/obradoiros no seu tempo de lecer do comedor. Algunhas delas, relativas á preparación de platos fríos, podedes velas clicando no seguinte enlace.

https://drive.google.com/drive/folders/1Z0ns2vG1p29d-Xpaw14be8leqVPuktFR?usp=drive_link 

Distribuir contido


by Dr. Radut