Skip to Content

ATENCIÓN DURANTE O MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto, únicamente se atenderán emerxencias, que poderán ser comunicadas no correo electrónico do centro, preferentemente, ou no teléfono de emerxencias do CPI (881930498).

Grazas e bo verán a todos/as.

Listaxes definitivas de PRIMARIA e de ESO de axudas de libros e/ou material escolar curso 2023-2024

No taboleiro do centro xa están as listaxes definitivas de axudas de libros e/ou material escolar, tanto de PRIMARIA como da ESO.

Importante: lémbrase que por protección de datos non se poderán facer fotos das listaxes expostas.

Poderanse recoller os vales en horario de 9:30h a 14:30h, na secretaría do centro.

Dende o xoves 13 de xullo ata o xoves 20 de xullo (ámbolos dous días inclusive). 

Listaxes provisionais ESO das axudas de libros e/ou material escolar 2023-2024

Están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais da ESO de axudas de libros e/ou material escolar para o curso 23-24.

Unha vez consultadas as listaxes haberá 2 días para reclamacións, martes 11 de xullo e mércoles 12 de xullo.

IMPORTANTE: por protección de datos non se permitirá facer fotos das listaxes expostas.

Listaxes provisionais PRIMARIA das axudas de libros e/ou material escolar 2023-2024

No día de hoxe foron publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de E.Primaria de axudas de libros e/ou material escolar para o curso escolar 2023-24.

Unha vez consultadas as listaxes haberá 2 días para reclamacións, luns 10 de xullo e martes 11 de xullo.

IMPORTANTE: por protección de datos non se permitirá facer fotos das listaxes expostas.

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI de SAN SADURNIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O Curso 2023-2024

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar,poderán apuntarse nas listas de admisión, que , habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de Setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Nos seguintes adxuntos podedes consultar a Relación de Libros de Texto e outros materiais para o vindeiro curso escolar e das etapas de E. Secundaria (ESO) e E. Primaria (EP).

Na etapa de E. Infantil (EI) non hai libros.

AUTODECLARACIÓN COMEDOR CURSO 23-24

A continuación podedes descargar o Anexo II da Autodeclaración do Comedor Escolar, que deberedes cubrir TODOS os usuarios para facer uso do comedor o vindeiro curso 2023-24.

Recoméndase ler as especificacións antes de cubrir a Autodeclaración.

Unha vez cuberta a Autodeclaración, esta entregarase á maior brevidade posible na secretaría do centro.

Obra de arte colectiva no 50 cabodano de Picasso

O alumnado de 1º da ESO realizou, para rematar o curso, unha obra de arte colectiva para lembrar a Picasso no 50 aniversario da súa morte.

A obra escollida foi Ciencia e caridade que pintou o artista aos 15 anos de idade. Para facela dividimos o cadro en 42 anacos que foron repartidos entre o alumnado que se encargou de reproducilo mesturando cores e aplicando luces e sombras.

A obra orixnal é a seguinte.

E o resultado unha vez montados os 42 anacos...

ACTIVIDADES PARA A COMPOSTAXE NO CURSO 2022-2023

Neste curso que remata ampliamos o noso programa de compostaxe.

Podedes ver nas ligazóns un resumo do traballo feito durante o curso   polo alumnado de EI, EP e ESO, polo profesorado dentro das tarefas do CPinnova e do PFPP (cun curso e un grupo de traballo sobre o tema) e polo persoal de cociña de de conserxería.

Agradecemos á dirección do centro a colaboración para o desenvolvemento das actividades e tamén ás seguintes entidades e persoas colaboradoras:

  • Ás persoas relatoras nas actividades de formación: Emilio R. Fabal, Jorge Alonso, María Durán.
  • Concello de San Sadurniño
  • Dzine
  • Atrium
  • Café del Palacio
  • Misión biolóxica de Galicia-CSIC
  • E ás familias que colaboraron con achegas de sementes para o horta

Nas seguintes ligazóns podedes ver ous vídeos sobre o programa:

Curso de estruturas para compostaxe

Compostaxe e sostibilidade CPInnova

 

4º ESO VISITA AS MARUXAS DE NATA... en galego!

Mércores 14 de xuño de 2023, granxa das Maruxas de nata en Santa Mariña do Monte. A fariña, a nata e o azucre mestúranse na amasadora ante os atentos ollos do noso alumnado, ataviado co atuendo preciso para seguir a normativa sanitaria. Desexoso de probar o saboroso produto a rapazada aplicouse ao coller a masa e ir dando forma ás maruxas, seguindo as indicacións das amables traballadoras que fomentaron a creatividade propoñendo novas formas e figuras coas galletas. O profesorado acompañante non dubidou en unirse á faena.  


Despois dunha pequena espera amenizada polas explicacións das guías da visita e polas curiosas preguntas dos da ESO... houbo que sacar as bandexas do forno e agardar ao secado e a que baixase a temperatura.  


Xa quedaba só encher as bolsas e saquiños de galletas... pero ninguén dos presentes puido aguantar sen probar o manxar das maruxas, nin de  recuncar... e recuncar...

Tamén houbo tempo para a conversa e o decidido e veterano alumnado do noso centro aceptou o reto lanzado polo equipo de dinamización (EDLG) conseguindo facer protagonista á nosa lingua e contaxiando ás guías da visita. Novos premios albíscanse de cara á fin de curso para estes afoutos gardiáns e gardiás da nosa lingua.

O noso agradecemento a todo o equipo das Maruxas de nata pola súa atención e xenerosidade, e tamén ao Concello de San Sadurniño por obsequiar a 4º ESO con esta visita como premio ao seu bo facer durante a participación en "San Sadurniño en flor".

Distribuir contido


by Dr. Radut