Skip to Content

Visita ao IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo

O alumnado de 2º de ESO da materia de Relixión católica, que participan desde o ano pasado no Proxecto Redeiras, visitaron onte aos compañeiros/as do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
Fomos recibidos na entrada do instituto, ensináronnos o centro e a continuación no salón de actos nos amosaron unha presentación da cidade de Lugo feita por eles. Despois nos fixeron unha visita guiada por eles mesmos onde nos explicaron diferentes edificios e lugares destacados de Lugo. Despois visitamos a catedral e demos un paseo por un tramo da muralla.
Queremos agradecer, en especial a Aurelia e ao seu alumnado todas estas actividades preparadas para nós. Grazas pola súa acollida e o agarimo amosado connosco.
Picha aquí para ver as fotos da visita.

CRTVG, Camiño, museos e tellados da Catedral de Santiago

O alumnado de 4º ESO visitou a televisión e a radio galega participando en directo no programa A BÓLA EXTRA.  Logo fixeron o Camiño dende a CRTVG (en San Marcos) ata a Catedral e pola tarde a visitaron desfrutando do seu interior.

No seguinte enlace accederedes a toda a información, videos e fotos: 

https://tecnosansa.blogspot.com/2024/05/crtvg-camino-museos-e-tellados-da.html

 

DÍA DO LIBRO 2024

O 23 de abril tivemos unha xornada especial cos libros, celebramos o DÍA DO LIBRO cos apadriñamentos en Educación Infantil e Primaria e co círculo lector na ESO. Un ano mais maiores e pequenos desfrutamos da lectura xuntos e dun xeito diferente a como o facemos día a día. Clica aquí e verás algunha imaxe.

BECAS PARA ALUMNANDO NEAE. CURSO 2024-2025

Aberto o prazo pasa solicitar as BECAS E AXUDAS para o alumnado con NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE) para o curso 2024-2025.

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

O prazo de presentación de solicitudes é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Para calquera dúbida, poden contactar co Departamento de Orientación.

Saída á Filharmonía e Museo de Historia Natural.

O alumnado de 2° ESO asistiu o pasado venres 26 de abril ao concerto programado pola Real Filharmonía de Galicia, un espectáculo de música sinfónica e danza baseado en dous relatos curtos, de Cortázar e de Kafka. Ao remate do concerto realizouse unha visita ao Museo de Historia Natural da USC onde puideron observar exposicións novidosas, como por exemplo unha colección de meteoritos, a sala de minerais e varias zonas de biodiversidade de distintos ecosistemas. O Museo agasallounos un libro para os fondos da biblioteca escolar. Clica aquí para visualizar as fotos da saída.

"Docentesconpalestina"

O venres 12 de abril do 2024 ás12h:00 profesorado do centro realizou un acto contra a masacre en Palestina: Lectura do manifesto de "docentesconpalestina".
Con este acto simbólico, se quere amosar que Gaza somos todas e todos. A súa dor é a nosa, a súa esperanza é o noso compromiso e solidariedade co pobo palestino. A continuación unha imaxe do momento da lectura do manifesto.
 

LER CONTA MOITO

O pasado martes 2 de abril o alumnado de Educación Infantil puido desfrutar do espectáculo "A Orixe" de Raquel Queizás na Casa da Cultura, organizado pola Biblioteca Municipal con motivo da celebración do día 1 de abril do libro xuvenil. Clicando na imaxe teredes algunhas das fotos da actividade e un video moi ilustrativo.

 

Resultados da votación para implantación da Xornada en Sesión Única de Mañá para o curso escolar 24-25

No escrutinio das votacións para a Xornada en Sesión Única de Mañá saliron os seguintes resultados da táboa,  o que implica continuar co procedimento de solicitude enviando a documentación pertinente a Xefatura Territorial, posto que se conseguiron mais do 58 % dos votos favorables do censo.

Censo:262

Necesítase o 58% de 262= 152 votos favorables

Día Internacional da Muller 2024

Este ano conmemoramos o 8M a través dun recital de música e poesía. Con este acto queremos visibilizar figuras femininas relevantes, tanto compositoras como poetas, que desenvolveron a súa actividade moitas veces na sombra, empregando seudónimos ou entregando as súas obras para que fosen publicadas por homes do seu entorno próximo. Reivindicamos así a súa obra e a súa relevancia como mulleres que se opuxeron aos roles de xénero que lles impuña a sociedade. 
Parabéns ao alumnado participante, tanto na lectura de poemas como na interpretación musical.
 
Clica na imaxe

PUNTO LARANXA

É un buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros. No noso centro teremos DOUS PUNTOS LARANXAS, un instalado no hall da ESO e o outro, en breve, será colocado no 1º andar do edificio de Infantil e Primaria. Tamén está á vosa disposición o punto laranxa web clicando no logo colocado á esquerda desta páxina.

Distribuir contido


by Dr. Radut