Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE HORARIOS E QUENDAS DE COMEDOR

No seguinte adxunto podedes atopar toda a información relevante sobre entradas e saídas (xa publicadas con anterioridade), ademais dalgunha información adicional como as quendas de comedor.

 

Dende o centro queremos desexarvos un bo curso 24-25.

AUTORIZACIÓN PARA MARCHAR SÓ/SOA E ACOMPAÑAR A IRMÁNS

  No documento que se amosa en miniatura abaixo ou como adxunto, tedes a autorización que necesita o alumnado de 5º, 6º de primaria e 1º e 2º da ESO para poder marchar sen acompañamento dun adulto, ou para acompañar aos seus irmáns ás saídas do colexio.

  Pregamos traer cuberta o antes posible para que esta autorización se poida facer efectiva dende o primeiro día de escola. 

AUTORIZACIÓN PARA MARCHAR SÓ/SOA E ACOMPAÑAR A IRMÁNS

HORARIO ESCOLAR DO CPI DE SAN SADURNIÑO

             No seguinte cadro detállase o horario escolar de infantil, primaria e secundaria que seguiremos a partir do primeiro día de escola (11 de setembro) no curso escolar 2024-2025.

 

              Este horario estará vixente dende o primeiro día de escola, no que o alumnado de secundaria terá clase tamén pola tarde de 16:20h. a 18:00h.

                         

REUNIÓN FAMILIAS SECUNDARIA

 

   As reunións das familias cos/cas titores/as de secundaria terán lugar o día 18 ás 18:20.

   Calquera información adicional necesaria será enviada polos titores/as unha vez comezado o curso.

       

MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA - CURSO 2024-25

 

   Todo o material escolar necesario para cada nivel de primaria pode consultarse premendo na seguinte ligazón.

               https://drive.google.com/drive/folders/1B2iC_iAVFm8VSIPJVL9PKxebAe6t3QQD

   Recordade que nas reunións de familias que terán lugar antes do inicio do curso cos/cas titores/as podedes consultar calquera dúbida ao respecto.

 

       

REUNIÓN FAMILIAS INFANTIL E PRIMARIA

VACACIÓNS DE VERÁN

Nestes últimas días de xullo e durante o mes de agosto só se atenderán situacións de urxencia, que poderán ser comunicadas a través:

Aproveitamos para recordar:

 

COMEDOR ESCOLAR

  • Todos os usuarios do comedor escolar teñen que ter entregada a autodeclaración. A maioría xa están entregadas, os que faltan deberán facelo o dia 2 de setembro
  • Continúa aberta ata o 8 de setembro a admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024-2025

 

FONDOLIBROS

  •   As persoas que teñan pendente recoller vales de libros e/ou material escolar poderán facelo a primeira semana de setembro
  •   O alumnado de 3º e 4º de primariaque resultou beneficiario do fondo de libros recibirá os mesmos ao comezo das clases

 

CALENDARIO ESCOLAR 24-25

  •  As clases comezan o mércores día 11 de setembro de 2024 ata o venres 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

 

HORARIO DAS CLASES NO CURSO 2024-2025

  • Educación infantil e Primaria de 9:30 a 14:30

  • Educación Secundaria de 9:30 a 15: 00 e os mércores de 16.:20 a 18:00

 

Desexamos que pasedes un Bo Verán!!

 

FONDOLIBROS DEFINITIVO

Infórmase de que na entrada do edificio de secundaria están dispoñibles as listaxes definitivas de Fondolibros relacionados coa ESO.

Tanto os vales de primaria como os de secundaria, pódense recoller de luns a venres en horario de 9:30 a 14:00 horas ata o 19 de xullo incluído.

 

 

FONDOLIBROS SECUNDARIA

Infórmase de que as listaxes provisionais de Fondolibros están expostas na entrada do edificio de secundaria.

As listaxes definitivas de Fondolibros de secundaria poderanse comprobar o xoves a partir das 12 da mañá.

 

LISTAXE DE FONDOLIBROS

PRIMARIA:

O luns día 8 de xullo publicaranse as listaxes definitivas de fondolibros de primaria. A partir do día seguinte poderanse recoller os vales correspondentes na secretaría do centro.

 

SECUNDARIA:

As listaxes provisionais de fondolibros estarán expostas na entrada do edificio de secundaria a última hora do luns día 8 de xullo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut