Skip to Content

Orientación

VISITA Ó CAMPUS DA UDC EN FERROL

O día 22 de marzo os alumnos de 4º de ESO , xunto coa titora e a orientadora, visitamos o campus da Universidade da Coruña en Ferrol.

No campus de Esteiro estivemos na Facultade de Humanidades, na Facultade de Ciencias do Traballo, na Escola Politécnica Superior, na Escola Universitaria de Enfermaría-Podoloxía e na Escola Universitaria de Deseño Industrial. Posteriormente trasladámonos a Serantes para ver a Escola Universitaria Politécnica.

En cada un dos centros recibimos explicacións por parte de profesores e alumnos sobre as ensinanzas que alí se imparten.

MITOS ENTORNO AS DROGAS

23/02/2012 10:10
23/02/2012 12:00
Etc/GMT+1

Charla programada dende o departamento de orientación para alumnos de 3º e 4º de ESO

VISITA Ó CAMPUS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O pasado día 10 os alumnos de 4º de ESO , xunto cos titores e orientadora , visitaron o Campus da Universidade da Coruña en Ferrol.

Foi unha visita que nos gustou moito por moitas razóns: a organización e explicacións que nos deron , polo entusiasmo que nos transmitiron os profesores/as que nas distintas facultades nos foron explicando en que consistían os estudos das distintas carreiras, pola nobleza dos seus edificios, ....

Distribuir contido


by Dr. Radut