Skip to Content

Actividade de promoción do atletismo en Educación Primaria

Esta semana, baixo a coordinación do profesorado de Educación Física de Educación Primaria, desenvolveuse unha actividade de promoción do atletismo.

Consideramos que esta proposta foi de grande proveito para o alumnado, e non temos máis que palabras de agradecemento para o persoal da "Escola de Atletismo Paula Mayobre" que se encargou da súa posta en práctica.

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes ao vídeo-resumo desta actividade:

Eva Mejuto presenta o seu libro:Memoria do Silencio a 3° e 4° da ESO

Hoxe visitounos @evamejuto  para falar do seu libro , Memoria do Silencio, axudounos a a entender unha época complicada, e a coñecer a unas mulleres enormes, As Irmans Touza, esquecidas durante 80 anos e que fixeron unha laboura inmensa na axuda a refugiados xudeus durante a II Guerra Mundial, a pasar por Ribadavia, a Portugal. Encantounos.

 

 

Visita ao CIS Tecnoloxía e deseño de Ferrol

O venres 11 todo alumnado que cursa a materia de Tecnoloxía acudiu ao espectáculo " O futuro é hoxe" de unha hora de duración.  Non faltaron participantes, como vemos nas fotos, para descubrir a importancia das novas tecnoloxías e o deseño na nosa vida cotiá e o que implicarán estes campos no futuro máis próximo: Control de dispositivos mediante ondas cerebrais, realidade aumentada, mixta e virtual, o uso que se fai dos nosos datos na rede, a roupa intelixente,... son algúns dos temas que se explicaron.

 

 

Actividade de promoción do voleibol nas clases de Educación Física de Educación Primaria: resumo

Ao longo desta semana, tres xogadores do Club Voleibol Aldebarán desenvolveron unha actividade de promoción deste deporte co alumnado de Educación Primaria.

O resultado coidamos que é moi satisfactorio, e con esta iniciativa agardamos contribuír ao crecemento de practicantes deste fantástico deporte.

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes a un vídeo-resumo desta iniciativa:

Unha horta que xermola

Onte parte do alumnado de 4° da Eso que participou o curso pasado na pequena experiencia de iniciar unha horta na escola explicou ao alumnado de Educación Infantil de 5 anos o resultado do seu traballo.

Despois dunha breve explicación da preparación do terreo (usando compost e seguindo ideas da permacultura e agricultura ecolóxica) mostraron as plantas, flores e froitos en distintos niveis de crecemento, así como as sementes.
 
 
 
Logo recolleron algunha das cabazas que usaremos no Samaín.
 
A experiencia da horta comezou ao traballar os contidos da materia de promoción de estilos de vida saudables (PEVS) e buscará ampliarse neste curso escolar.

Actividade de promoción do voleibol nas clases de Educación Física

Esta semana comeza unha actividade de promoción do voleibol en horario lectivo. En colaboración co Club Voleibol Aldebarán, ao longo desta semana o alumnado de Educación Primaria realizará unha sesión de toma de contacto con este deporte durante unha das clases de Educación Física. A vindeira desenvolverase co alumnado da ESO.

Serán tres os xogadores do Aldebarán os encargados de desenvolver a actividade. Parga, un xogador xa case "da casa" e adestrador de categorías inferiores, máis Joan e Isaías, dúas fichaxes recentes para esta tempada.

                   

NOVAS COMEDOR

Estimadas familias

Unha vez cubertass as vacantes do persoal de cociña, a partir de mañá mércores o servizo de comedor funcionará de forma habitual.

Un saúdo.

FONDO LIBROS SECUNDARIA

AVISO COMEDOR

Desde a Xefatura Territorial informan dun aumento de prazas de comedor escolar.

A partir do luns 16 de setembro todo o alumnado que estaba en lista de espera poderá facer uso do servizo.

NOVAS COMEDOR

Publicamos as listaxes dos novos usuarios do Comedor Escolar para o vindeiro curso 2019/20, ordenados segundo os criterios establecidos na Instrución 2/2019 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, que foi aprobada polo Consello Escolar do centro na sesión celebrada o día 5 de setembro.

O alumnado que aparece na LISTA DE ESPERA, deberá agardar á AMPLIACIÓN de PRAZAS de comedor SOLICITADA a Comedores Escolares.

O alumnado que foi usuario o curso anterior xa está admitido.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto coa dirección do centro.

LISTAXE NOVOS USUARIOS DE COMEDOR

LISTAXE ALUMNADO LISTA DE ESPERA

Distribuir contido


by Dr. Radut