Skip to Content

Actividades "Multiobradoiro" no tempo de lecer do comedor.

O alumnado de Infantil e Primaria durante este curso escolar 22-23 puideron desfrutar e realizar diferentes actividades/obradoiros no seu tempo de lecer do comedor. Algunhas delas, relativas á preparación de platos fríos, podedes velas clicando no seguinte enlace.

https://drive.google.com/drive/folders/1Z0ns2vG1p29d-Xpaw14be8leqVPuktFR?usp=drive_link 

Convocatoria dos premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico curso 22-23

O día 31 de maio iniciouse o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023, cuxa orde de convocatoria podedes atopar aquí.

O prazo de presentación de solictudes abrangue desde o 31 de maio ao 30 de xuño de 2023.

Nesta infografía podedes atopar a información resumida.

 

CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24

A Orde do 10 de maio de 2023convoca estas axudas destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2023/24 (código de procedemento ED330B)

O alumnado dos cursos incluídos en E-DIXGAL (ESO, 5º e 6º de EP) queda excluído da  participación no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto, non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar. 

Prazo de presentación das solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente dende a SEDE electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023&numpub=1&lang=es

Tamén poden presentarse de maneira presencial no centro. Neste caso as familias que teñan máis dun fillo poderán presentar unha única solicitude.

 

Dúas alumnas do CPI de San Sadurniño, gañadoras do concurso de cómic "Demo pequeno"

Parabéns a Nerea e Candela!

Dúas alumnas do CPI de San Sadurniño, gañadoras do concurso de cómic "Demo pequeno"

Saída xeolóxica 4º da ESO

O pasado 18 de maio, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO realizou unha saída xeolóxica guiada por Francisco Canosa. A ruta tivo lugar pola zona de Meirás e Valdoviño e nela os alumnos e alumnas puideron aprender un montón de cousas sobre a xeoloxía do lugar: observaron in situ a falla de Valdoviño, así como rochas metamórficas e subvolcánicas, viron o sistema dunar da praia da Frouxeira, incluídas as dunas remontantes existentes nesta zona, e aprenderon sobre os problemas que implica a desaparición destes sitemas como consecuencia das actividades humanas. Tamén estiveron dentro dunha mina na que antaño se explotaba o mineral chamado arsenopirita e observaron estruturas xeolóxicas coma pregamentos e alvéolos de erosión.

Fai click aquí para ver todas as fotos!

Maios e Letras Galegas 2023

Este ano a celebración dos Maios e Letras Galegas apostou por unha nova proposta, a elaboración dunha fermosa alfombra con motivos florais na que destacaba no medio a letra G de Galiza. Todo sobre un fondo de dúas cores, o branco e o azul, as cores da nosa bandeira.

Grazas Manolo, polo debuxo e grazas ANPA e familias pola vosa colaboración. Preme na imaxe e poderás ver como foi.

               

 

FALADOIRO e Obradoiro con Siro

Venres 12 maio... xa poñendo o rumbo cara  ao día das letras...  na casa da cultura de San Sadurniño... xuntámonos para un FALADOIRO.

Un encontro interxeneracional no que se deron cita aventuras de onte, historias de hoxe, contos, palabras esquecidas...

Nel, maiores de distintas parroquias do Concello, alumnado da Eso   e de Primaria e usuarios do centro de día falaron, compartiron,  escoitaron.. e conseguiron que emoción e lingua camiñasen da man.

 

Sansa en Flor.

 O alumnado do CPI fixo un gran traballo decorando o muro exterior do cole con ornamentación floral aportada polo Concello. Unha vez mais os nenos/as e mozos/as amosaron a súa creatividade, orixinalidade e capacidade de elaboracións fermosas e ecolóxicas. Creacións que embelecen a nosa contorna. Como sempre, clica na imaxe e desfruta de Sansa en flor.

 

Semana do Libro 2023

O pasado mes de Abril celebramos, un ano mais, a Semana do Libro. Semana que reflicte a importancia dos libros sempre, no día a día. Semana na que desfrutamos de actividades como “Os apadriñamentos”, onde padriños/madriñas e afillados/as pasaron un rato unidos pola lectura; espectáculo de contacontos a cargo de Carmen Domech “Libros contentos” para EI e EP; a poeta Dores Tembrás ofertou  cadanseu taller de poesía dirixidos a alumnado de 2º e 4º de ESO na Casa da Cultura “Elas, poesía de mulleres” e “Penélope”; e sen esquecernos do 80 aniversario de “El Principito” escoitando un paragrafo en versión orixinal grazas ao profe Serafín. Actividades que amosamos a través do seguinte video. Clica na imaxe para visionalo.

O alumnado da ESO tamén fixo a súa lectura silenciosa coa actividade "Roda da Lectura". Clica aquí para ver as fotos.

Desconvocada a folga de transporte

Hoxe recibimos a comunicación de que queda descnvocada a folga de transporte que estaba prevista a partir do día 8 de maio, polo que o transporte escolar funcionará con normalidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut