Skip to Content

FALADOIRO e Obradoiro con Siro

Venres 12 maio... xa poñendo o rumbo cara  ao día das letras...  na casa da cultura de San Sadurniño... xuntámonos para un FALADOIRO.

Un encontro interxeneracional no que se deron cita aventuras de onte, historias de hoxe, contos, palabras esquecidas...

Nel, maiores de distintas parroquias do Concello, alumnado da Eso   e de Primaria e usuarios do centro de día falaron, compartiron,  escoitaron.. e conseguiron que emoción e lingua camiñasen da man.

 

 Unha verdadeira posta en valor dos coñecementos e experiencias dos nosos maiores que comezou con música. Foi da man de Ferreñas club, un grupo de música tradicional formado por rapazada da Eso, e tamén de  Diego de Braelle, dende Couzadoiro-Ortigueira e apostando pola música en galego.

Coa firme determinación de converter este faladoiros nunha tradicional xuntanza,  desexamos: Mil primaveras máis para a nosa Lingua!

O noso agradecemento a todas as persoas que colaboraron desinteresadamente e compartiron o seu tempo e memoria con nós e en especial a Amparo Calvo, Concelleira, sen a que non tería sido posible está xuntanza inesquecible.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega en coordinación co Concello de  San Sadurniño.


 Outra cita previa ao día das letras foi o obradoiro que nos ofreceu o Concello para alumnado da Eso con SIRO LóPEZ na casa da cultura e previo ao comezo da súa exposición na que fai un repaso histórico do día das letras a través dos debuxos do autor.

O alumnado puido introducirse no humorismo galego e algunhas persoas tiveron a sorte de ser retratados, nunha pequena iniciación ás caricaturas.

Nas seguintes ligazóns podedes ver os eventos recollidos polo Concello:

Ligazon 1

Ligazón 2

 



story | by Dr. Radut