Skip to Content

Novas do centro

Deporte escolar en Portas

Noutro día de choiva, alumnas e alumnos de 6º de EP e 1º da ESO,  fomos facer deporte con compañeiras e compañeiros de Portas.

Visita ao Museo de Pontevedra

A pasada semana o alumnado de 6º de EP e 4º da ESO visitou o Museo de Pontevedra. Aínda que o día non nos acompañou moito, puidemos aprender unha morea de cousas e dar un paseo pola cidade.

O Magosto

O venres 11 de novembro celebramos o MAGOSTO con moitas castañas e xogos populares para facer a dixestión!

25N

O CPI Progreso únese a loita en contra da violencia machista.

Novidades Manga na biblioteca

Chegan as aventuras de Amanda Black á nosa biblioteca así como algúns clásicos manga. A que esperas para levar o teu...?

Concerto Día da Música

O luns 21 de novembro con motivo do día da música, imos de concerto ao auditorio do concello para escoitar aos alumnos e alumnas da Escola de Música Municipal de Catoira e unha vez estes rematen ver a obra de teatro musical A alquimista.

Visita á biblioteca municipal de Catoira

A comezos de setembro fixemos unhas saídas didácticas á biblioteca municipal de Catoira para aprender un pouco mellor como é o funcionamento dunha biblioteca púbiica e poder aplicalo tamén na biblioteca do cole.

Un camiño de lembranzas

No mes de setembro tivemos o pracer de participar desta fermosa actividade que xira arredor do Camiño de Santiago organizada pola Asociación Agadea. Nela o alumnado de 4º da ESO acompañado polo mestre de Plástica Lolo, puido compartir unha xornada de sensibilización e convivencia na que compartiron moito agarimo. A partir do minuto 5 podedes ver un pequeno resumo.

Distribuir contido


by Dr. Radut