Skip to Content

Localización e contacto

Localización e contacto

 

O noso centro está localizado no concello de Catoira, na localidade de Oeste (Santa Baia).

A nosa dirección é:

CPI. do Progreso
Paseo das Lombas, 2
Oeste (Santa Baia)
36612 Catoira (Pontevedra)

Os nosos teléfonos e fax son:

Telf. 886159201 FAX. 886159209

O noso enderezo de correo electrónico é:

cpi.progreso.catoira@edu.xunta.gal

Instalacións

O CPI PROGRESO de Catoira está composto por catro edificios:

Edificio nº 1: Nel están seis aulas de Educación Primaria (catro do 1º ciclo, dúas do 2º ciclo), comedor, cociña, unha titoría e servicios.

Edificio nº 2: Con oito aulas de ESO, laboratorio, aula de informática, aula de plástica, aula taller de tecnoloxía, aula de linguas e segunda aula de informática, cinco departamentos e servicios.

Edificio nº 3: Onde hai seis aulas de Eduación Infantil, dúas delas con servizos incluídos, unha aula de Psicomotricidade, unha titoría e servicios.

Edificio nº 4: Conta con catro aulas do 3º Ciclo de Educación Primaria, dúas aulas de 2º ciclo, dúas aulas de Pedagoxía Terapeutica, unha aula de música, despacho de Orientación, Biblioteca, Dirección , Secretaría, Xefatura de estudos, despacho ANPA, servizos varios... As clases de Eduación Física impartiranse no Pavillón Polideportivo Municipal situado a carón do recinto escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut