Actividades
Concerto didáctico Orquestra sinfónica de Galicia: Mini Mozart
Os días tres e catro de marzo acudimos co alumnado de terceiro a sexto de ed. primaria ao Auditorio de Galicia para ver o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia co seu espectáculo Mini Mozart.
Foi fabuloso poder escoitar tan de preto esa marabillosa orquestra e aprender un pouquiño máis das familias de instrumentos e da vida e obra deste gran compositor austríaco.
8 M: Día da Muller
O 8 M é o día das mulleres e dende o CPI Progreso de Catoira traballamos por educar en igualdade e poñendo en valor ás mulleres e a todo o seu potencial.
O noso composteiro
Xa dispoñemos de un composteiro propio!!! Canto vai medrar a nosa horta de agora en diante...
Deporte escolar
No Plan Xogade ademáis de practicar deportes diferentes, tamén aproveitamos para facer migas con compañeiros e compañeiras doutros centros.
Actividades de nadal
Durante o nadal fixemos unha morea de actividades. Aquí vos deixamos mostra das mesmas.
Día da música
O día da música é un día para festexar con música. Asique no CPI Progreso baixamos ao auditorio municipal para escoitar as actuacións do alumnado da Escola de Música Municipal de Catoira e a obra de teatro musical A alquimista. Parabéns a tod@s porque foi un concerto fantástico!!!!
Que viva a música!!!
Deporte escolar en Portas
Noutro día de choiva, alumnas e alumnos de 6º de EP e 1º da ESO, fomos facer deporte con compañeiras e compañeiros de Portas.
Visita ao Museo de Pontevedra
A pasada semana o alumnado de 6º de EP e 4º da ESO visitou o Museo de Pontevedra. Aínda que o día non nos acompañou moito, puidemos aprender unha morea de cousas e dar un paseo pola cidade.
O Magosto
O venres 11 de novembro celebramos o MAGOSTO con moitas castañas e xogos populares para facer a dixestión!
25N
O CPI Progreso únese a loita en contra da violencia machista.