Actividades

Gañadores concurso cabazas

Por fin temos gañadores do concurso de cabazas organizado pola Anpa As Lombas de Catoira.

Noraboa aos gañadores e a tod@s @s participantes!
Infantil: Leo Galván Cortés
Comedor: Pablo Castro Campaña
Principal: Aldara Aragunde Santos
ESO: Daniel Davila Díaz

Concurso FICBUEU20

Esta fin de semana a alumna de 6º Alicia Dios Fajardo e a profe de música Olalla Otero Payno foron de paseo ao Centro Social do Mar de Bueu á gala de entrega de premios do FICBUEU a recoller un galardón como finalistas destes premios polo seu videoclip "Catoira Style".
Foi unha gala fermosísima na que a maiores disfrutaron da visualización do filme de cine mudo “O moderno Sherlock Holmes” coa música en directo de Olga Brañas ao piano.
Agradecer ao FICBUEU por ternos seleccionado e valorar o noso traballo e felicitar aos demáis participantes.
Estamos orgullosísimos co resultado!
Mágoa que por esta situación non puidésemos asistir todo o grupo...para a próxima seguro!
Deixámosvos o enlace por si alguén se despistou e non o veu!

Despedida da profe Mer ao alumnado de 6º de infantil

Este fermoso vídeo está adicado con moita tenrura pola súa profe Mer, ao alumnado de 6º de Educación Infantil do que se despide este ano.

 

@s alumn@s de infantil quedan na casa... e as profes tamén!

Aquí vos deixamos cousiñas que están a facer os nosos pícaros de infantil nestes días de confinamento. Estánse a portar como... CAMPIÓNS E CAMPIOAS!

@s alumn@s de infantil de 4 anos desexan...

Queredes saber que desexan @s nen@s de 4 aniños de infantil? Ollade, ollade!

Son para comelos a bicos!

Seguide atentos que pronto poñeremos máis cousiñas... Apertas!

 

Día da Muller Traballadora

No día de hoxe queremos facer mención especial a catro veciñas de Catoira que son todo un exemplo de loita, superación e admiración para tod@s nós: Mónica Touriño, Marta Felpeto, Anxos Sumai e Carla Frieiro.

O alumnado de 6º de EP estivo a semana pasada a facerlles unhas entrevistas moi interesantes nas que aprendemos un montón de cousas, reflexionamos e ata nos emocionamos coas súas vivencias. Foi toda unha aprendizaxe e unha honra poder falar con elas. Por un mundo cheo de mulleres así!

Ollade os vídeos que montamos que logo imos a xogar con eles e miraremos quen prestou máis atención participando nun xogo!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer