O luns 27 de marzo ás 16:15h terá lugar no Auditorio municipal do Concello de Catoira a representación da obra de teatro "A Mision biolóxica en Galicia" coa compañía POLO CORREO DO VENTO.
Esta actividade forma parte do programa da Deputación de Pontevedra O PASADO POR VIR. Achégase catálogo do programa onde se atopa a obra á que asistirá o noso alumnado.
Os días tres e catro de marzo acudimos co alumnado de terceiro a sexto de ed. primaria ao Auditorio de Galicia para ver o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia co seu espectáculo Mini Mozart.
Foi fabuloso poder escoitar tan de preto esa marabillosa orquestra e aprender un pouquiño máis das familias de instrumentos e da vida e obra deste gran compositor austríaco.
O 8 M é o día das mulleres e dende o CPI Progreso de Catoira traballamos por educar en igualdade e poñendo en valor ás mulleres e a todo o seu potencial.
Para conmemorar o día escolar da paz fixemos unha morea de actividades nos diferentes niveis educativos. Tamén participamos nun concurso de relatos sobre a paz organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Ollade que cousas tan fermosas...