Skip to Content

Documentación

Premios extraordinarios ESO

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D). 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

 

 

Becas de Educación

As becas xerais para o curso 2023/2024 pódense solicitar do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

Na seguinte ligazón tedes un pequeno resumo coa información relativa ás bolsas do MEFP para cursar estudos postobligatorios no ano 2023/2024:

https://view.genial.ly/62384abbfb9da10018361e26/interactive-content-bolsas-mefp

Tamén podes consultalo na páxina oficial pinchando nesta ligazón: Becas de Educación

EDIXGAL

Información de interese para as familias sobre o Proxecto Edixgal.

No portal espazoAbalar está publicado un folleto con información para as familias:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias

As familias que así o desexen poden contratar de xeito voluntario un seguro anual (válido desde setembro de 2022 ata agosto de 2023), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía. O custo anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse directamente a través do número de teléfono 881 505 136.

Adxuntamos o folleto con información para as familias. Recomendamos a súa lectura!

Becas NEAE 22/23

Pincha AQUÍ para consultar a guía resumo das becas NEAE para o vindeiro curso escolar 22/23.

Becas estudos postobrigatorios

Achégase documento relativo ás becas de estudos postobrigatorios que este ano se adiantan ao mes de marzo.

- Becas estudos postobrigatorios

Distribuir contido


by Dr. Radut