Skip to Content

Orientación

PUNTO LARANXA

O PUNTO LARANXA é unha medida impulsada dende a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración do alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

Como funciona o Punto Laranxa?

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

Existen dúas vías para comunicar a túa mensaxe:

1ª OPCIÓN – PUNTO LARANXA FÍSICO:

1. Escribe a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.

2. Localiza o Punto Laranxa do teu centro. Neste caso, está na parede situada entre a sala de reunións e sala do arquivo no Edificio Principal.

3. Deposita na caixa do Punto Laranxa o teu papel. Esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o Acoso Escolar no centro (Equipo ACAE).

2ª OPCIÓN – PUNTO LARANXA VIRTUAL:

Outra opción é achegar a túa mensaxe a través do formulario que se atopa na páxina web do centro. Atoparás unha icona como esta na marxe dereita da páxina web do centro.

Unha vez premes na imaxe, aparecerá un formulario que consta dun único campo de texto no que poderás escribir a túa mensaxe e esta será enviada á conta de correo dun dos membros do equipo ACAE para revisar a solicitude dun xeito anónimo.

Material INstituto de CIBErseguridade (INCIBE)

Achegámoslles o material do INCIBE (Instituto de ciberseguridade) que pode resultar de moita axuda para o control do uso que o vosos/as fillos/as e titorados legais fan  das novas tecnoloxías:

- Guía de mediación parental.

- Pacto familiar de uso do móbil.

- Pacto familiar de uso de videoconsolas.

- Pacto familiar de uso de redes sociais.

- Pacto familiar de uso de dispositivos compartidos.

- Pacto familiar de uso de tables.

 

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE ALUMNADO AXUDANTE. CURSO 2020/21

Dende o Plan de Convivencia de centro do CPI Progreso de Catoira, promovemos o Programa de Alumnado Axudante como un sistema de axuda entre iguais que, inicialmente, no presente curso escolar se pon en práctica na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria. Concretamente, nos niveis educativos de 1º, 2º e 3º da ESO, e co propósito de ilo implementando progresivamente noutras etapas e niveis educativos. Trátase dun programa que pon en valor a cultura da paz, o diálogo e a mediación como maneiras de resolver os conflictos na escola.

Distribuir contido


by Dr. Radut