Skip to Content

Club de lectura

Un ano cheo de lecturas.

Os alumnos do club de lectura de 4º de Primaria comezaron este xoves o 2023 cargadiños de lecturas.

Cal será a súa favorita?

Un monstro vén a verme.

O club de lectura de 2º da ESO recomenda...

Un monstro vén a verme, de Patrick Ness.

Que libro!

Cantas emocións!

Durante a nosa lectura, acompañamos a Conor, un neno de 13 anos, durante unha das experiencias máis duras da súa vida. 

Deixámosmovos os fragmentos que máis nos deron que falar na nosa reunión deste mércores 11 de xaneiro:

Porque os homes son criaturas complicadas - dixo o monstro-. Como pode ser unha raíña unha meiga boa e mala ao mesmo tempo? Como pode ser un príncipe un asasino e un salvador? Como pode un boticario ter mal carácter pero bos pensamentos? Como pode un párroco ter pensamentos errados pero bo corazón? Como poden os homes invisibles incrementar a súa soidade estando á vista?

Deixámosvos tamén o tráiler da película dirixida por J. A. Bayona:

 

Ímonos despedindo de Ana Frank.

Tras un trimestre cheo de emoción, comezamos o 2023 despedíndonos de Ana Frank...

Que fantásticas lecturas nos agardarán neste novo ano? Algunha cousiña moi interesante anda a rondar polas nosas cabezas...

Xa vos contaremos!

Ano novo, novas lecturas.

Atrás deixamos a Lovecraft cun magnífico traballo que se poderá ver moi pronto exposto na biblioteca...

... e dámoslle a benvida ao ano novo 2023 cunha fantástica obra sobre o maltrato animal publicada recentemente na editorial Galaxia: Non deixarei de buscarte. A historia de Quin, de Alicia Tojeiro Ríos, Esther Rey Oliveira e Antonio Fernández Amil.

Novidades moi pronto!

Chega un ano cargadiño de lecturas a 5º de Primaria.

Este martes 10 de xaneiro comezamos o ano cunha interesantísima escolma de libros que segurísimo nos darán moitísimo sobre o que falar...

- O buzón dos nenos, de Úrsula Heinze.

- Un polizón en la maleta, de Christian Bieniek.

- Mozart, el niño genio, de Carlos Villanes Cairo e Isabel Córdova Rosas.

- Fray Perico y su borrico, de Juan Muñoz Martín.

- Fray Perico, Calcetín y el guerrillero Martín, de Juan Muñoz Martín.

- El pirata Garrapata de Juan Muñoz Martín.

- El rey pequeño y gordito, de Carola Sixt.

Cal será o noso favorito?

Manterémosvos informados!

Fin de ano, fin de lecturas.

As nosas sesións de pizza e peli con flocos de millo xa se están a converter nun clásico do noso Club de Lectura. Hoxe tocoulle o turno á lectura escollida polo alumnado de 2º da ESO El niño con el pijama de rayas. Foi una xornada estupenda coa que rematar este ano.

Felices Festas!

Lovecraftiando

Este martes seguimos traballando con Lovecraft e a súa obra con tanto ímpeto que fixemos nosa a súa célebre cita:

"No teníamos constancia del paso del tiempo, porque el tiempo se había convertido para nosotros en una mera ilusión." "Hipnos" (1923)

Veredes o resultado moi pronto!

Próxima parada... O paquete falante!

Hoxe comezamos o Club de Lectura de 3º de Primaria. Entre biscoito e chocolate pasamos un rato xenial falando de literatura e da importancia dos libros na nosa vida.

Novidades sobre O paquete falante... moi pronto!

Lovecraftiano

Conseguímolo!

Hoxe si!

Fomos quen de continuar un relato de H. P. Lovecraft inentando poñernos na pel do noso escritor.

Para iso, o primeiro que fixemos foi indagar na vida de Lovecraft: onde naceu, como se criou, que personaxes influiron nel... e, unha vez feitas as tarefas puxémonos man a obra.

Os resultados foron moi interesantes e pronto, moi pronto, teredes diante unha boa mostra do noso traballo.

Seguide atentos ao noso blog!

Vén a visitarnos un monstro!

Seguimos coas nosas lecturas...

Tras  rematar El niño con el pijama de rayas...

                                           Obra da que traeremos novidades moi pronto!

                        ...Tócalle o turno a Un monstro vén a verme de Patrick Ness

Unha fascinante historia que non nos deixará indiferentes!

Novidades do noso Club de lectura... MOI PRONTO!

A nosa próxima reunión será o 11 de xaneiro do 2023!

Distribuir contido


by Dr. Radut