Skip to Content

Club de lectura

Arrinca o Club de lectura de 1º da ESO!

Arrincamos o Club de Lectura de 1º de ESO por todo o alto!

O martes tivemos a nosa primeira reunión na que afondamos no terror lovecraftiano ou “horror cósmico” da man da nosa profe.

Non faltou de nada, nin as risas nin, e por suposto...

O CHOCOLATE!

Preparados... Listos... XA!

Xa estamos listos para a nosa andadura!

Na nosa primeira reunión, decidimos as nosas lecturas...

Azeb, Julia, Joel, Sara e Antía van ler con María... Relatos de terror de Lovecraft. A súa próxima reunión será o martes, 8 de novembro.

Alba, Diego, Martín, Alexandre, Jaime e Mario van ler con Diana... El diario de Ana Frank. A súa próxima reunión será o martes, 8 de novembro.

Anxo, Paula, Claudia, Alba e Zeltia... Non teñen decidido aínda o libro que van ler con Sergio.  A súa próxima reunión será o mércores, 9 de novembro.

Lilly, Xan, Manuel e Gabriel van ler con Verónica Los surcos del azar de Paco Roca. A súa próxima reunión será o xoves, 24 de novembro.

Vémonos eses días, de 16:00 a 17:00, na biblioteca do noso centro!

Comezamos a nosa aventura!

Esta semana comeza a nosa aventura! Un ano máis, poñemos en marcha o CLUB DE LECTURA!

Celebraremos unha reunión inicial con cada grupo do noso club...

O xoves, 3 de novembro, no 1º recreo con María e Diana e no 2º recreo con Sergio

O venres, 4 de novembro, no 1º recreo con Verónica

VÉMONOS NA BIBLIOTECA!

Club de Lectura

Que ben o pasamos no Club de Lectura...

E que contarvos dos libros tan emocionantes que estivemos a ler!

Distribuir contido


by Dr. Radut