Skip to Content

Club de lectura

Arrinca o Club de lectura de Primaria!

Hoxe, 2 de decembro de 2022, os alumnos e alumnas de 6º arrincamos o noso CLUB DE LECTURA DE PRIMARIA!

Comezamos cunha fantástica obra dunha das nosas escritoras preferidas... Laura Gallego García!

EL COLECCIONISTAS DE RELOJES EXTRAORDINARIOS

Estamos seguros de que gozaremos moito desta historia e das súas aventuras!

Que é a literatura?

Que é a literatura?

Hoxe, da man de Darleni e cun bo chocolate ben quentiño, profundizamos no concepto de literatura. Empezamos analizando as súas diferentes acepcións para chegar á concepción de literatura como expresión artística, aquela que nos permite crear beleza coas palabras.

Reflexións

O Diario de Ana Frank séguenos a dar moito sobre o que falar...

Son moi interesantes as diferentes reflexións que saen no noso grupo e dámonos conta da evolución de Ana, unha personaxe que pouco a pouco vai medrando e madurando.

Xa fai dous anos dende que se viu obrigada a ocultarse e iso...

...nótase moitísimo na súa forma de pensar e nos seus razoamentos!

Deixamos aquí dous fragmentos que nos deron moito que pensar:

"Falan moito do que pensan os nenos e os mozos, pero non entenden un pataco do asunto".

"Serías capaz de dicirme por que todo o mundo esconde con tanto receo o que ten dentro? Por que será que cando estou en compañía me comporto de maneira tan distinta de como debería facelo? Por que as persoas se teñen tan pouca confianza? Si, xa sei, algún motivo haberá, pero ás veces paréceme moi feo que en ningures, aínda entre os seres máis queridos, unha atope confianza".

A espiral do silencio

"Non sabía por que parecían todos tan asustados (ao fin e ao cabo, facer unha marcha non era tan terrible). Gustarialle dicirlles que non se preocuparan, que Padre era o comandante, e que se el quería que a xente fixera aquelas cousas, non había nada que temer."

John Boyne: El niño con el pijama de rayas.

Auschwitz-Work Set Free-new

Dámoslle as grazas a Rosa!

Hoxe queremos darlle as grazas á profesora Rosa por sementar en nós cando estabamos en primaria as ganas de ler este libro. Por fin o fixemos, collémolo entre as nosas mans e rimos, choramos e encolléusenos o corazón coa historia dun neno que non chega a comprender o que sucede ao seu redor...

Un relato estremecedor que nos encheu de preguntas ás que segurísimo lle iremos atopando respostas ao longo da nosa lectura.

Moitas grazas, Rosa!

Do máis alá!

Xa imos pola segunda reunión do Club de Lectura de 1º de ESO!

Hoxe seguimos afondando no universo lovecraftiano da man de “Do máis alá” e damos comezo á actividade dos prólogos impresionistas seguindo o estilo do poeta Ezra Pound.

NOVAS...

PRONTO!

Por fin escollemos libro!

Que difícil é escoller entre tantas obras interesantes

Ni en mil años te dejaría tirada                                                            Nunca seré tu héroe              

                                   Un monstruo vén a verme                                                 22 segundos...

Por fin arrancamos o noso Club de Lectura e nos decidimos por El niño con el pijama de rayas, unha obra que seguro que nos dará moito que falar e... quen sabe, ao mellor a nosa primeira sesión de cine do Club de Lectura!

Quen foi en realidade Ana Frank?

Ana Frank, Kitty e a Casa de Atrás.

Quen foi en realidade Ana Frank?

Na nosa primeira reunión do Club de Lectura de 2º e 4º de ESO acompañamos a Ana Frank e a súa inseparable compañeira Kitty durante os primeiros anos nos que a nena estivo escondida durante a Segunda Guerra Mundial.

Convidámosvos a visitar a páxina da Anne Frank House para saber un pouquiño máis sobre o sitio no que Ana e a súa familia tiveron que agocharse durante dous anos...

Arrinca o Club de lectura de 1º da ESO!

Arrincamos o Club de Lectura de 1º de ESO por todo o alto!

O martes tivemos a nosa primeira reunión na que afondamos no terror lovecraftiano ou “horror cósmico” da man da nosa profe.

Non faltou de nada, nin as risas nin, e por suposto...

O CHOCOLATE!

Preparados... Listos... XA!

Xa estamos listos para a nosa andadura!

Na nosa primeira reunión, decidimos as nosas lecturas...

Azeb, Julia, Joel, Sara e Antía van ler con María... Relatos de terror de Lovecraft. A súa próxima reunión será o martes, 8 de novembro.

Alba, Diego, Martín, Alexandre, Jaime e Mario van ler con Diana... El diario de Ana Frank. A súa próxima reunión será o martes, 8 de novembro.

Anxo, Paula, Claudia, Alba e Zeltia... Non teñen decidido aínda o libro que van ler con Sergio.  A súa próxima reunión será o mércores, 9 de novembro.

Lilly, Xan, Manuel e Gabriel van ler con Verónica Los surcos del azar de Paco Roca. A súa próxima reunión será o xoves, 24 de novembro.

Vémonos eses días, de 16:00 a 17:00, na biblioteca do noso centro!

Distribuir contido


by Dr. Radut