Actividades

Gañadora Ipad

Con motivo da viaxe de fin de estudos a Roma, o alumnado de 4º da ESO sorteou un Ipad. Noraboa á gañadora!

Agardamos que o disfrutes!

Excursión Voz Natura

Ollade que ben o pasamos na excursión que fixemos este sábado, os alumn@s de 4º e 5º de Educación Primaria, á festa de Voz Natura en Culleredo.

Pasámolo estupendamente todo o día xogando e aprendendo un montón de cousas en todos os talleres e actividades. E ademáis portámonos tan ben que as profes prometéronnos levarnos de novo o vindeiro curso escolar! XENIAL!

Entroido curso 16/17 "As artes"

Que de que fomos disfrazados este ano?

 Pois  de Irlanda! Claro que sí!

Actividades de fin de trimestre

Para rematar este segundo trimestre tivemos un montón de actividades: xogo-concurso Kahoot sobre Irlanda, charla sobre as Redes Sociais, a actividade de apadriña un lector e ata fomos plantar árbores!

Olla e verás...

Saídas didácticas Auditorio de Galicia

Amosámosvos algunhas imaxes das tres saídas que fixemos co alumnado ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Que sepades que o pasamos... XENIAL!

Día da Paz

Ollade o ben que cantan as nenas e os nenos de Catoira!

 

Día da música

Con motivo do día da música, todo o centro saímos ao auditorio do Concello para escoitar e disfrutar das actuacións dos alumn@s da Escola de Música Municipal de Catoira e do grupo Fantoches Baj.

Queremos agradecer á escola e aos seus músicos por tan grande interpretación!

Aplausos para tod@s!

Cada ano gústanos máis esta actividade... Viva a música!

O magosto

Como non podía ser doutro xeito, non podía faltar o magosto no noso colexio!samos castañas e como estaban tan boas, comímolas todiñas. Logo co bandullo cheo fomos a xogar aos xogos tradicionais que os alumnos e alumnas de 4º da ESO non tiñan preparados.

 

 

 

O Samaín

Queres saber cantas cousas terroríficas fixemos estes días para celebrar o Samaín?

Pois... entra no vídeo!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer