Actividades

Actividades de nadal en infantil

Nestes pequenos vídeos podedes ver algunha das actividades que se levaron a cabo en infantil.

Actividades de nadal

Aquí vos deixamos algunhas das actividades feitas neste nadal.

Panxoliña de nadal

Aquí deixamos esta fantástica interpretación do alumnado de 3º de Educación Primaria!

Agardamos que esteades a pasar un bo nadal!

25 de novembro Día contra a violencia de xénero

O 25 de novembro non quixemos mirar para outro lado e aproveitamos para dicir ben alto...

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Día da música

O mes de novembro ten unha data moi importante para tod@s os músic@s porque celebramos por todo o grande este arte con grandes concertos musicais!

No noso caso, fomos ao auditorio de Catoira a ver o espectáculo de Píscore que foi todo unha marabilla!

Excursión a Pontevedra 6º EP

O pasado mércores 24  de novembro fomos de excursión a Pontevedra coñecer o seu casco histórico e facer unha visita didáctica no Museo da cidade. Para desplazarnos pola mesma, fixemos un xogo de orientación moi divertido!

Os dereitos d@s nen@s

Estas son algunhas das cousiñas que saben @s nen@s de 4 anos sobre os seus dereitos.

O Samaín

Que ben o pasamos este Samaín!

Patios dinámicos

Aínda que este curso escolar o patio non foi todo o divertido que nos gusta, a partires da metade do mesmo, o alumnado de 5º de Educación Primaria animouse a participar na actividade de animación aos xogos dos patios dinámicos co alumnado dos outros grupos do seu edificio.

Temos que dicir que foi todo un éxito porque o fixeron fenomenal. NORABOA!

Información para Infantil Curso 2021-2022

Para as familias de infantil que entran a formar parte neste curso da nosa comunidade escolar, e tamén para as que xa forman parte, queremos axudalos proporcionándolles información moi relevante para o bo funcionamento da nosa etapa. Esperamos vos sexa de axuda!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer