Actividades

Festival fin de curso

Non puideches asistir ao festival de fin de curso? Non te preocupes!! Xa podes velo e desfrutar das diferentes actuacións!!!

A algún fragmento tivemos que sacarlle o son polas licencias pero podes escoitar a gran maioría!!!

Entrevista a Rosa

Nesta ocasión, o alumnado de 4º de EP entrevistou a Rosa Isorna Portugués, xefa de cociña do noso centro.

Entrevista a Almudena e Cristina

A seguinte entrevista do alumnado de 4º foi á mestra de Audición e Linguaxe Almudena e á mestra de Pedagoxía Terapéutica Cristina. 

Foi moi divertido telas connosco!!!

Rebumbio matemático

O pasado venres 28 de abril tres alumnas e tres alumnos de 6º de EP foron á facultade de maxisterio de Santiago de Compostela co fin de participar no Rebumbio matemático. Antes de entrar colleron algo de forzas para afrontar a proba cheos de enerxía!!!

Pasárono xenial e foi unha experiencia fantástica!!! Agora só nos queda agardar os resultados e ver se pasamos á seguinte fase...

Valhalla Crew entrevista a Pedro Calaza Díaz: mestre de prácticas en 4º de EP

Para a segunda entrega de Valhalla Crew, o alumnado de 4º de EP acordou, a modo de sorpresa, entrevistar a Pedro Calaza Díaz. Mestre en prácticas co que compartiron aprendizaxes e experiencias nestes últimos meses nas aulas. Que teñas moita sorte e que acades todo o que te propoñas!!!

Foi un pracer terte con nós Pedro!!!

Entrevista ao director do centro: Fernando San Martín Zamacola

O alumnado de 4º de primaria estivo estes días a traballar na súa "Radio FM Valhalla".

Quixo inaugurarse entrevistando ao director do centro, Fernando San Martín Zamacola, ao que lle fixeron preguntas moi pero que moi interesantes.

Anímaste a escoitar podcast?

Entroido

Este ano adicamos o noso entroido á natureza de Galicia. Co día fermoso que fixo os disfraces e os bailes quedaron fantásticos!!!

Día da árbore

O martes 21 de marzo para conmemorar o Día da árbore, os alumnos e alumnas de sexto de primaria foron a plantar unhas árbores á Fonte de Trasdaveiga.

Concerto didáctico Orquestra sinfónica de Galicia: Mini Mozart

Os días tres e catro de marzo acudimos co alumnado de terceiro a sexto de ed. primaria ao Auditorio de Galicia para ver o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia co seu espectáculo Mini Mozart.

Foi fabuloso poder escoitar tan de preto esa marabillosa orquestra e aprender un pouquiño máis das familias de instrumentos e da vida e obra deste gran compositor austríaco.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer