Concerto didáctico Orquestra sinfónica de Galicia: Mini Mozart

Os días tres e catro de marzo acudimos co alumnado de terceiro a sexto de ed. primaria ao Auditorio de Galicia para ver o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia co seu espectáculo Mini Mozart.

Foi fabuloso poder escoitar tan de preto esa marabillosa orquestra e aprender un pouquiño máis das familias de instrumentos e da vida e obra deste gran compositor austríaco.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer