Skip to Content

Novas do centro

Calendario fin de curso ESO

Ven, 2023-06-02 23:29

Achéganse documentos relacionados co calendario de fin de curso do alumnado da ESO:

- Calendario

- Modelo entrevista profesorado.

- Modelo reclamación ante o centro.

- Modelo reclamación Xefatura Territorial.

Categorías: Novas

Romaría das Letras Galegas

Mar, 2023-05-16 10:47
Co motivo da celebración do día das letras galegas, o vindeiro venres 19 de maio, imos organizar unha romaría no centro. Haberá gaiteiros, pandereteiras, xogos populares e o alumnado comerá ao aire libre, nos patios de recreo. A maiores, ao longo desa semana o alumnado participará en diferentes obradoiros (Cada día participará nun obradoiro). É por este motivo que o centro convida ese día a comer a todo o alumnado que queira. O menú estará composto por empanada, tortilla e rosca. O alumnado só terá que traer un botellín de auga para a comida. (Por favor, lembrarllo para que o traian).  É fundamental e necesario que o alumnado non usuario do comedor que teña pensado comer ese día, informe ás súas titoras ou a direción para que podamos organizar dita comida. A maiores, recoméndase ao alumnado que veña vestido de galego para darlle colorido á romaría.  

Categorías: Novas

Olimpíada Letras Galegas 2023

Mér, 2023-05-10 23:08

 

Podes consultar as súas bases pinchando AQUÍ

Categorías: Novas

Enquisa de Convivencia

Xov, 2023-05-04 18:43

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 porase en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023, cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos). 

 

Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 

Participan todos os colectivos que conforman a comunidade educativa -alumnado, profesorado, persoal non docente e familias- e que os equipos directivos serán os encargados de facerlle chegar a cada persoa a comunicación que contén unha clave de acceso ao cuestionario do seu colectivo. 

Participa o alumnado de 5º de EP en diante e cubrirán dita enquisa en horario escolar tal e como indican as súas instruccións. 

 

Nos vindeiros días recibirán un código de acceso para entrar na enquisa correspondente como familia. En caso de ter varios fillos/as matriculados no centro, só teñen que cubrir unha única enquisa por familia.

Os enlaces para participar na enquisa son os seguintes:

- Enquisa alumnado Ed. Primaria.

- Enquisa alumnado ESO.

- Enquisa familias.

- Enquisa persoal non docente.

- Enquisa profesorado.

- Preguntas frecuentes.

- Guía para responder.

 

Categorías: Novas

AVISO RIFA TRAXE VIKINGO

Xov, 2023-05-04 10:37

Infórmase que a data do sorteo para a rifa do traxe de vikingo foi a do sorteo da lotería nacional do pasado sábado 29 de abril do 2023. Na rifa pon erróneamente o día 28 de abril pero ese día non houbo sorteo.

Na medida do posible agradeceríamoslles que publicitedes o cambio da data do sorteo. Disculpen as molestias causadas.

 

Recibide un saúdo Equipo de actividades extraescolares e complementarias.

Categorías: Novas

Apadriña un lector 2

Xov, 2023-04-20 11:38

Antes de marchar de vacacións de semana santa tivemos outra actividade de Apadriña un lector e foi unha fermosura!

 

Categorías: Novas

Normandía

Xov, 2023-04-20 11:27
As profesoras Verónica e Susana,de Francés e Inglés respectivamente viaxaron a Normandía ( Francia) dentro do programa Erasmus "Intercultural paths 2021-23".En esta viaxe ,puideron visitar cidades como Rouen e a vila pesqueira de Honfleur ademáis de poder disfrutar do maxestuoso palacio de Versalles e os seus xardíns.Tamén estiveron no colexio de Etrépagny visitando o centro e disfrutaron das vistas de Les Andelys e o castelo Château - Galliard. En canto á gastronomía ,degustaron o viño francés ,os queixos e os pratos típicos .

Foi unha experiencia inolvidable para tod@s ,nós e os compañeiros frances e turcos. 

 

Categorías: Novas

Premios extraordinarios ESO

Mar, 2023-04-18 13:53

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D). 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

 

 

Categorías: Novas


by Dr. Radut