Skip to Content

Responder ó comentario

Instalacións

O CPI PROGRESO de Catoira está composto por catro edificios:

Edificio nº 1: Nel están seis aulas de Educación Primaria (catro do 1º ciclo, dúas do 2º ciclo), comedor, cociña, unha titoría e servicios.

Edificio nº 2: Con oito aulas de ESO, laboratorio, aula de informática, aula de plástica, aula taller de tecnoloxía, aula de linguas e segunda aula de informática, cinco departamentos e servicios.

Edificio nº 3: Onde hai seis aulas de Eduación Infantil, dúas delas con servizos incluídos, unha aula de Psicomotricidade, unha titoría e servicios.

Edificio nº 4: Conta con catro aulas do 3º Ciclo de Educación Primaria, dúas aulas de 2º ciclo, dúas aulas de Pedagoxía Terapeutica, unha aula de música, despacho de Orientación, Biblioteca, Dirección , Secretaría, Xefatura de estudos, despacho ANPA, servizos varios... As clases de Eduación Física impartiranse no Pavillón Polideportivo Municipal situado a carón do recinto escolar.

Responder



by Dr. Radut