Skip to Content

Animación á lectura

Ler conta moito

O xoves 3 de outubro iniciouse o programa de actividades "Ler conta moito", que se desenvolve na Biblioteca Municipal de Pontecesures. Os primeiros en poder gozar dos contos foron os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil, que cos ollos ben abertos e as ourellas moi atentas escoitaron o conto "Dondondirindonga e Dondirindon". Soamente con verlles as caras podemos comprobar que foi unha actividade fantástica.

Ler conta moito 4º Educación Infantil

Obra de teatro "Marcelina en la cocina"

O alumnado de 6ºB de Educación Primaria traballou arreo para por en escena unha obra de teatro para os nenos e nenas de Educación Infantil, e que reproduce o conto "Marcelina en la cocina". Moito traballo, moitos nervios pero unha grande ilusión! Velaquí o resultado.

 

Actuación de Rilo e Penadique na Biblioteca

O pasado 11 de xuño, a nosa biblioteca tivo unha visita excepcional! Rilo e Penadique viñeron a amosar o seu espectáculo "Arre Ru" aos rapaces e rapazas da Guardería e de Educación Infantil do CPI de Pontecesures. Con cantos contos e cantos nos fixeron gozar!

Rilo e Penadique co alumando da gardería

Rilo e Penadique co alumando de Educación Infantil

Visita de Abraham Carreiro

Hoxe visitou a nosa biblioteca Abraham Carreiro, ilustrador e coescritor do libro Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata. A nosa sopresa foi que non veu el so, senon que trouxo consigo a Xoeliki, o protagonista do libro; Ari, a mellor amiga de Xoeliki; Profesor Barbabranca, o director da escola pirata; Maverik, un dos hacker experimentados desa escola pirata; a  Mr Virus, o gran maligno desta historia; e ao director do cole no que estudan os nosos pequenos ciberpiratas.

Velos aparecer pouco a pouco ante os nosos ollos foi das mellores experiencias que viviu o noso alumnado nestes últimos días!

Moitas gracias Abraham por achegarnos o teu traballo.

Roteiro literario 2º ciclo

O pasado venres 3 de maio, e despois de ler a novela de Pere Tobaruela "Catro pedras vellas", o alumnado e profesorado de 3º e 4º de Educación Primaria fixo unha excursión polos lugares mencionados nela. Por unhas horas imaxinaron a Xela, a Fuco, a Carlos e a Ana vivindo emocionantes aventuras polas corredoiras de Angueira de Castro, no concello de Rois. Foi marabilloso!

 

Día do libro

Como cada curso, celebramos o Día do Libro no centro cos relatos do noso alumnado. Despois da elaboración, revisión e entrega, chega o momento máis especial e o que máis nervios provoca: coñecer aos premiados. Nesta ocasión, houbo participación das aulas de Educación Infantil e de aulas de Educación Primaria. Noraboa a todas e todos polo esforzo!

Xa podes descargar o documento para ler algúns dos relatos gañadores!

alumando de infantil no día do libro

alumnado de segundo ciclo no día do libro

alumnado de terceiro ciclo no día do libro

Charla do escritor Nak Wolf

O escritor Nak Wolf visitou o centro para adentrar ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria no mundo fantástico que creou na súa primeira publicación: "La Leyenda de...La espada de Orec". Esta é a primeira dunha saga que está en proceso de escritura e que, dende hoxe, terá novas e novos seguidores.

Na charla, o alumnado ademais de coñecer a novela, puido investigar sobre os comezos do escritor, descubrindo a relación que tivo o mundo dos videoxogos coa literatura fantástica que lee e escribe.

Gracias Nak, por compartir esta xornada con nós e transmitirnos a importancia que deben ter os libros nas nosas vidas!

charla Nak Wolf

Charla de Alicia Borrás

O pasado 10 de abril, Alicia Borrás fixo unha visita ao CPI de Pontecesures. Na nosa biblioteca, a autora de "Nata y chocolate" e "¡Nata y chocolate invencibles!" conversou co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria sobre a historia que envolve a estes libros, que tanto éxito tiveron no centro, así como a súa propia historia como escritora. Gracias Alicia por compartir co alumnado e profesorado esta xornada tan especial.

foto charla alicia borrás

Visita de Paco Nogueiras

O venres 5 de abril tivemos no centro unha visita moi especial! Achegouse á nosa biblioteca Paco Nogueiras, un mestre na arte de contar e cantar un montón de historias. O alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria non só puido escoitar unha morea de historias, senon que inventaron e cantaron un rap cunha delas. Moitas gracias Paco Nogueiras por facernos gozar da lectura desta maneira tan divertida!

sesión con paco nogueiras

sesión con paco nogueiras

Visita dos Bolechas

O pasado 28 de marzo tivemos unha visita moi especial no centro. Tatá e o curmán Kofi pasaron pola biblioteca do centro a contarlle ao alumnado de 2º e 3º de primaria cousas moi intersantes sobre os residuos dos aparellos electrónicos.Que divertido é aprender con estes amigos!

os bolechas

Distribuir contido


by Dr. Radut