Skip to Content

Educación Infantil

Excursión de Educación Infantil a Apípolis

O martes 7 de maio o alumnado e profesorado de Educación Infantil fixeron unha saída moi especial. Visitaron Apípolis, un centro para a compresión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas. Aprenderon moitas cousas e tamén se divertiron. Pasárono xenial! 

alumnado en apípolis

alumnado en apípolis

Día do libro

Como cada curso, celebramos o Día do Libro no centro cos relatos do noso alumnado. Despois da elaboración, revisión e entrega, chega o momento máis especial e o que máis nervios provoca: coñecer aos premiados. Nesta ocasión, houbo participación das aulas de Educación Infantil e de aulas de Educación Primaria. Noraboa a todas e todos polo esforzo!

Xa podes descargar o documento para ler algúns dos relatos gañadores!

alumando de infantil no día do libro

alumnado de segundo ciclo no día do libro

alumnado de terceiro ciclo no día do libro

Visita de Paco Nogueiras

O venres 5 de abril tivemos no centro unha visita moi especial! Achegouse á nosa biblioteca Paco Nogueiras, un mestre na arte de contar e cantar un montón de historias. O alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria non só puido escoitar unha morea de historias, senon que inventaron e cantaron un rap cunha delas. Moitas gracias Paco Nogueiras por facernos gozar da lectura desta maneira tan divertida!

sesión con paco nogueiras

sesión con paco nogueiras

Distribuir contido


by Dr. Radut