Skip to Content

Xornada de Golf co programa XOGADE

O CPI de Pontecesures participa no programa XOGADE, da Consellería de Deportes da Xunta de Galicia, que ten como finalidade principal a promoción da saúde, a convivencia, o esforzo e o divertimento, con independencia do nivel e práctica de cada un dos rapaces e rapazas. É por iso que este pasado venres 9 de xuño, o alumnado de 5º de Educación Primaria foi ao Campo de Golf de Rois para tomar contacto con este deporte dunha forma lúdica e dinámica.

Alumnado de 5º no campo de golf

 



page | by Dr. Radut