Skip to Content

Curso Escolar

 

Vista xeral do centro

NOVAS DE INTERESE

Apertura do prazo de solicitude de BECAS e AXUDAS para o curso 2024-25. Prazo do 19 de marzo ata o 10 de maio. Toda a información premendo aquí.

 

Alumnado de Infantil, 5º e 6º de Primaria en FervenzAventura

O alumnado de Educación Infantil, acompañado polo de 5º e 6º de Primaria, acudiron a FervenzAventura.

Picade en calquera das fotos para acceder ás imaxes da xornada.

INFANTIL PRIMARIA SAÍDAS EDUCATIVAS

 

2 de maio - Día internacional contra o acoso escolar

O 2 de maio celébrase o Día internacional contra a violencia e o acoso escolar, e o CPI Pecalama traballa para concienciar ao alumnado sobre esta problemática e como previla.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Cartel do día do cómic

Alumnado de secundaria colocando os carteis contra o acoso escolar Alumnado de secundaria colocando os carteis contra o acoso escolar

BIBLIOTECA

 

Ascenso a Primeira Autonómica cadete

Despois dunha vitoria sobre o SD Villestro B, e a falta de dúas xornadas para o remate da competición ligueira, os cadetes da Escola Deportiva O Dolmen de Tordoia, acadou o ascenso a Primeira Autonómica.

NORABOA CAMPIÓNS!!!

DEPORTISTAS

 

Excursión de1º e 3º da ESO a Barcelona

O alumnado de 1º e 3º da ESO está en Barcelona, gozando dunha magnífica excursión e experiencia cos compañeiros/as.

Premendo na imaxe accédese a fotografías da viaxe.

 

Imaxe do alumnado e profesorado asistente á excursión a Barcelona

EXCURSIÓNS

 

Dia do libro 2024

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

No CPI Pecalama xa estamos a conmemorar este día con recomendacións, por parte do alumnado, de diversos libros para poder gozar da lectura.

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Charla de Héctor Cajaraville

O xoves 11 de abril, e encadrada nos actos pola celebración do Dia do Libro, acuidiu ao centro o escritor Héctor Cajaraville, onde impartiu unha charla ao alumnado da ESO, asinando tamén os libros que estes posúen deste estupendo autor.

Facede clic na imaxe para ver imaxes do acto

Héctor Cajaraville durante a charla

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Excursión de 2º da ESO a Barcelona

O alumnado de 2º da ESO está a gozar dunha excursión cultural á cidade de Barcelona. Premendo na imaxe accédese a fotografías da viaxe.

 

Imaxe do alumnado e profesorado asistente á excursión diante da Sagrada Familia

E a continuación, un vídeo resumo do que foi esta fantástica excursión.

EXCURSIÓNS

 

Preparación da visita do escritor Héctor Cajaraville

O CPI Pecalama empeza xa a festexar o día do libro 2024 coa visita e charla do autor Héctor Cajaraville.

Picade en calquera imaxe para vela en grande

 

Cartel do día do libro Imaxe do cartel do día do libro

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Terceiro posto na I fase provincial de ximnasia rítmica

Este sábado 6 de abril, celebrouse en Santiago a I Fase Provincial de Ximnasia Rítmica nivel Promoción, categoría alevín, onde Lúa e Mencía, xunto co resto do seu equipo, obtiveron un espectacular terceiro posto.

Noraboa polo resultado e o esforzo, e moito ánimo para as seguintes competicións

DEPORTISTAS

 

21 de marzo - Día da Poesía

Con motivo da conmemoración do Día da Poesía o 21 de marzo, o alumnado da ESO buscou e leu diversas composicións.

Picade en calquera imaxe para acceder ás fotos da xornada

 

Mostra das poesías aportadas polo alumnado

Alumnado de 1º da ESO Alumnado de 2º da ESO
Alumnado de 3º da ESO Alumnado de 4º da ESO

BIBLIOTECA

 

Visita do alumnado da ESO a Sogama

O venres 22 de marzo, o alumnado da ESO acudiu ás instalacións de SOGAMA, onde realizaron un percorrido polas mesmas e participaron en diversas actividades relacionadas coa reciclaxe e cos procesos que alí desenvolven. Ademais, asistiron a unha charla formativa sobre a economía circular, a adopción de boas prácticas en relación á separación de residuos e de sensibilización sobre o consumo responsable.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Alumnado asistente á visita a SOGAMA Alumnado asistente á visita a SOGAMA
Imaxe dunha das diapositivas da charla formativa Imaxe dunha das diapositivas da charla formativa

SAÍDAS EDUCATIVAS

 

Recepción do alcalde ao alumnado de 4º da ESO

O martes 19 de marzo o alcalde de Tordoia, D. Antonio Pereiro Liñares, recibiu ao alumnado de 4º da ESO no Salón de Plenos do concello, para interesarse polo seu futuro e anunciarlles a axuda económica coa que o consistorio contribuirá para a excursión de fin de curso.

Os alumnos e alumnas de 4º, así como o centro, agradecen a colaboración para a saída que porá fin aos seus estudos no CPI Pecalama.

Taboleiro dedicado a Rosalía de Castro na biblioteca

EXCURSIÓNS

 

17 de marzo - Día do Cómic

Adquisición de numerosos títulos e novo espazo exclusivo para eles na biblioteca de Infantil e Primaria e tamén na de Secundaria.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Cartel do día do cómic

Cartel do día do cómic

Foto do espazo para os cómics na biblioteca de Infantil e Primaria Foto do expositor de novidades no corredor do edificio de Infantil e Primaria

BIBLIOTECA

 

Celebración do 8M no CPI Pecalama

Con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller" o 8 de marzo, o alumnado do centro elaborou un mural sobre as mulleres importantes na súa vida. Ademais, na biblioteca de infantil e primaria e na de secundaria, houbo unha exposición de libros relacionados con esta temática. 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos do alumnado confeccionando o mural e a exposición de libros

BIBLIOTECA CONMEMORACIÓNS

 

Taller de hixiene bucodental

A clínica Bucoexpert impartiu un obradoiro sobre Hixiene bucodental no centro a todo o alumnado, obsequiándoos cun cepillo e pasta de dentes. 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos do obradoiro

Foto do folleto informativo Alumnado de infantil no obradoiro

 

23F- Día de Rosalía

Con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, o alumnado de secundaria realizou diversas actividades e exposicións que se poden ver ao facer clic na seguinte imaxe.

Taboleiro dedicado a Rosalía de Castro na biblioteca

BIBLIOTECA

 

Contacontos para o alumnado de Educación Infantil

O venrtes 23 de febreiro acudiu ao centro unha contacontos para narrar a fermosa historia de "A marabillosa viaxe de Ping Pingona". Esta actividade foi ofertada pola Deputación da Coruña e xestionada a través do Concello de Tordoia, ao cal agradecemos a súa disposición

Facede clic na imaxe para ver as fotos da actividade

Alumnado de infantil coa contacontos

DINAMIZACIÓN

 

11F - Día da Muller e a Nena na Ciencia

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, xornada establecida pola Asemblea Xeral da ONU en 2016 co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

Dende o CPI Pecalama sumámonos á conmemoración deste día visibilizando e dando a coñecer o papel das mulleres na ciencia.

Facede clic na imaxe para ver as fotos da exposición e do alumando colaborador

Carteis expostos na entrada do centro

BIBLIOTECA

 

Entroido 2024

O venres 9 de febreiro todo o alumnado do centro celebrou o Entroido, disfrazándose para gozar dunha xornada de desfiles e xogos.

No pavillón do centro degustaron un chocolate con churros, grazas á colaboración da ANPA, que correo co total dos gastos. Posteriormente, cada grupo desfilou diante de todo o alumnado do centro, para mostrar os seus maravillosos traxes. 

Facede clic na imaxe para ver as fotos e os vídeos da celebración

Cartel do Entroido

CELEBRACIÓNS

 

A Candeloria

O 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria ou tamén denominado Día das Candeas. Con orixe anterior á chegada do cristianismo, a súa celebración está conectada co cambio de estación e cos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza.

A xornada, coñecida na Galiza máis popularmente como o día 'en que casan os paxariños', coincide coa chegada das cartas de amor e amizade no CPI Pecalama

Facede clic na imaxe para ver as fotos do alumnado recibindo as súas cartas

Maleta coas cartas

BIBLIOTECA

 

Día escolar da NON VIOLENCIA e A PAZ

Conmemoración do Día escolar da Non Violencia e da Paz no CPI Pecalama . 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos dos carteis e textos expostos no centro

Foto do Mural exposto na entrada do centro Cartel elaborado para a conmemoración do Día da Paz

BIBLIOTECA CONMEMORACIÓNS

 

A Maleta Naturalista no CPI Pecalama

O alumnado do centro coñeceu e traballo co contido da MALETA NATURALISTA na biblioteca para coñecer máis en profundidade o noso patrimonio. 

Facede clic na imaxe para ver as fotos do alumnado traballando coa maleta

Foto da Maleta Naturalista

BIBLIOTECA

 

O alumando de 3º de Primaria creando deseños con chapas

Empregando o material de préstamo de Polos Creativo subministrado polo CAFI, o alumnado de 3º de Primaria creou deseños espectaculares e persoais coa máquina de chapas.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Chapas creadas polo alumnado de 3º de Primaria

Alumnado de 3º de Primaria traballando coa máquina de chapas Alumnado de 3º de Primaria traballando coa máquina de chapas
Alumnado de 3º de Primaria traballando coa máquina de chapas Alumnado de 3º de Primaria traballando coa máquina de chapas

POLOS CREATIVOS

 

Alumnado de Educación Infantil co Kit de construción de Polos Creativos

O alumnado de Educación Infantil empregando e descubrindo as posibilidades do Kit de construción de Polos Creativos, incluído no material en préstamo por parte do CAFI.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Alumnado de Infantil empregando o Kit de construción

Alumnado de Infantil empregando o Kit de construción Alumnado de Infantil empregando o Kit de construción

POLOS CREATIVOS

 

Charlas sobre seguridade en internet dentro do Plan Director

O venres 12 de xaneiro, e dentro do marco do Plan Director, o alumnado da ESO recibiu dúas charlas sobre seguridade e privacidade na rede.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Imaxe do alumnado na charla

Imaxe do alumnado na charla Imaxe do alumnado na charla

PLAN DIXITAL

 

O Nadal no Pecalama

O Nadal chegou ao Pecalama, e o alumnado gozou dunha xornada coa visita de personaxes moi especiais con moitos agasallos. 

Facede clic nas imaxes para ver as fotos da xornada

Foto de castañas no Magosto 2022

CELEBRACIÓNS

 

Chegou o Nadal á biblioteca do CPI Pecalama

Con motiva da celebración do Nadal, a biblioteca do CPI Pecalama fixo unha exposición de libros recomendados sobre esta temática e textos relacionados con esta conmemoración. 

Facendo clic na imaxe pódense ver os textos e libros recomendados

Foto de castañas no Magosto 2022

BIBLIOTECA

 

Saída ao cine do alumnado da ESO

O pasado mércores, 20 de decembro, o alumnado da ESO acudiu ao cine a ver a película Wonka.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Alumnado no cine 

Alumnado no cine

 

Distribuir contido


by Dr. Radut