Skip to Content

Conmemoracións

Celebración do 8M no CPI Pecalama

Con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller" o 8 de marzo, o alumnado do centro elaborou un mural sobre as mulleres importantes na súa vida. Ademais, na biblioteca de infantil e primaria e na de secundaria, houbo unha exposición de libros relacionados con esta temática. 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos do alumnado confeccionando o mural e a exposición de libros

BIBLIOTECA CONMEMORACIÓNS

 

Día escolar da NON VIOLENCIA e A PAZ

Conmemoración do Día escolar da Non Violencia e da Paz no CPI Pecalama . 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos dos carteis e textos expostos no centro

Foto do Mural exposto na entrada do centro Cartel elaborado para a conmemoración do Día da Paz

BIBLIOTECA CONMEMORACIÓNS

 

Acto de graduación do alumnado de 4º da ESO

O pasado 21 de xuño despedimos ao alumnado de 4º da ESO nunha graduación moi emotiva onde marchan, para iniciar unha nova etapa, alumnos e alumna que levan, nalgúns casos, dende os tres anos no centro.

MOITA SORTA NESTA NOVA ANDAINA DAS VOSAS VIDAS!!!

Foto do grupo de 4º da ESO

No mesmo acto, obsequiouse a Paula Ferradás Pallas cunha placa en recoñecemento á súa traxectoria académica, obtendo Matrícula de Honra en 4º da ESO. NORABOA!!!

Foto de Paula coa placa en recoñecemento á súa Matrícula de Honra

 

CONMEMORACIÓNS

 

Vídeo do alumnado de 6º Infantil para o Día do Libro

Con motivo da conmemoración do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, o alumnado de 6º de Infantil creou o seguinte vídeo.

Botádelle unha ollada, que paga a pena!!!


Vídeo do alumnado de 6º de Infantil

6º IFNANTIL CONMEMORACIÓNS

 

Día da Poesía

O martes 21 de marzo conmemórase o "DÍA DA POESÍA" e, para celebralo, convócase un Concurso de Poesía. Na seguinte imaxe están as instrucións do mesmo.

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

Cartel do concurso do Día da Poesía

BIBLIOTECA

 

Conmemoración do 8M

Con motivo da conmemoración do "8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER" celebraranse diferentes actividades no CPI Pecalama.

Exposición de cartelería

Cartel 8M

Mostra de libros

Imaxe da mostra de libros na entrada do centro

Visionado do filme La skater

Cartel da película La Skater

E máis actividades que aínda están por concretar

 

25N - O CPI Pecalama contra a Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración do DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO no CPI Pecalama desenvolveuse unha xornada con diferentes actos no pavillón do centro. A eles acudiu o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.

Realizouse unha mostra dos traballos confeccionados polo alumnado da ESO durante toda a semana.

Se facedes clic nas imaxes, accedearse á galería de fotos da xornada

Exposición das obras do alumnado e carteis reivindicativos Alumnado de secundaria

O Concello de Tordoia participou axudando a concienciar sobre esta lacra, instalando un Punto Violeta no ximnasio do centro e repartindo diferentes agasallos entre o alumnado. Posteriormente acudiuse á exposición "Cartas de amor" no polideportivo municipal, que é unha mostra do cómic galego contra a violencia de xénero.

Foto do punto violeta instalado polo Concello

 

Preparación das candeas do 25N na biblioteca

A semana previa á conmemoración do 25N, o alumnado de 1º da ESO estivo preparando as candeas e o material que se empregaría no día do acto

MOITAS GRAZAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN NA CELEBRACIÓN DA XORNADA

Facendo clic na imaxe accédese á galería de fotos da preparación dos materiais na biblioteca

Foto do alumnado traballando na biblioteca

 

Busca do Gato no Día das Bibliotecas

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, o pasado 24 de outubro, houbo unha BUSCA DO GATO. Velaquí as fotos da xornada.

Facendo clic nas imaxes accédese a elas en grande

Busca do gato

En busca do Gato

Máis alumnado en busca do Gato

Máis alumnado buscando o Gato

Atoparon o gato

Atoparon o Gato

En busca do gato - Participantes

Participantes na busca do Gato

 

Distribuir contido


by Dr. Radut