Skip to Content

25N - O CPI Pecalama contra a Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración do DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO no CPI Pecalama desenvolveuse unha xornada con diferentes actos no pavillón do centro. A eles acudiu o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.

Realizouse unha mostra dos traballos confeccionados polo alumnado da ESO durante toda a semana.

Se facedes clic nas imaxes, accedearse á galería de fotos da xornada

Exposición das obras do alumnado e carteis reivindicativos Alumnado de secundaria

O Concello de Tordoia participou axudando a concienciar sobre esta lacra, instalando un Punto Violeta no ximnasio do centro e repartindo diferentes agasallos entre o alumnado. Posteriormente acudiuse á exposición "Cartas de amor" no polideportivo municipal, que é unha mostra do cómic galego contra a violencia de xénero.

Foto do punto violeta instalado polo Concello

 



page | by Dr. Radut